Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de junio de 2018 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña defende a igualdade na cultura no festival "Elas son Artistas"

A deputada de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, animou na inauguración da xornada que pon en marcha o festival "Elas son artistas" a botar man de "lentes violetas" en todos os ámbitos de actuación porque, segundo defendeu, "as políticas de igualdade teñen que ser transversais"...

[Img #45822]

 

Na intervención no inicio da iniciativa que recibiu un dos premios Luísa Villalta, Ánxela Franco defendeu a necesidade de que todas as institucións se impliquen e tomen en serio a eliminación da discriminación ás mulleres.

 

A deputada de Igualdade Ánxela Franco e a directora do festival, Yolanda Villa, participaron na apertura da xornada de debate que pon en marcha o festival "Elas son artistas", un dos dez proxectos que gañaron a primeira edición dos Premios Luísa Villalta pola Igualdade a cultura das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña.

 

Na súa intervención de inauguración, Ánxela Franco defendeu a "transversalidade das políticas de igualdade que deben activarse en todas as áreas de actuación", e, neste sentido referiuse a distintos programas da Deputación da Coruña que se están a levar a cabo en ámbitos como o deporte ou a cultura.

 

Neste sentido, Ánxela Franco referiuse ao documento "Cara ás lentes violetas na música", elaborado pola Asociación Galega de Profesionais para a Xestión Cultural (AGPXC) e por Mulleres na Industria da Música (MIN) e presentado na xornada "Mulleres e música" da Deputación da Coruña que recolle diferentes propostas para eliminar a discriminación no ámbito musical. "Desde a Deputación da Coruña difundiremos este documento nos concellos e nos festivais para contribuír á poñer fin ao machismo que persiste en programacións, eventos, e outros espazos de distribución e promoción musical", apuntou Ánxela Franco.

 

Defendeu tamén a deputada de Igualdade, a necesidade de que as "institucións teñan en conta criterios de igualdade de forma efectiva, é dicir, puntuábeis á hora de valorar diferentes proxectos".   Ánxela Franco lembrou o "compromiso do goberno da Deputación da Coruña con políticas de igualdade e co obxectivo de visibilizar e dar a coñecer a presenza das mulleres en todos os ámbitos".

 

O festival "Elas son artistas" celébrase nos concellos da Coruña, Arteixo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada e deu comezo este xoves día 31 de maio cun seminario co a participación de persoas que traballan no ámbito artístico desde diferentes sectores, en especial, artistas,profesionais das industrias culturais e das administracións públicas. "Compartir o coñecemento que temos sobre a situación das mulleres no sector cultural e artístico e como podemos  mellorar as súas condicións e posicións apuntando cara posibles boas prácticas no sector" é un dos obxectivos. do festival segundo a organización.

 

A directora do festival, Yolanda Villa, destacou na súa intervención inicial o compromiso da Deputación coa igualdade e destacou a convocatoria dos Premios Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade "que foron fundamentais para que este festival se realizara".

 

Despois da xornada de apertura comezará un programa de concertos e outras actividades nos seis concellos que terá o punto de arranque o venres 1 de xuño con Ele no Teatro Colón e The Soul Breakers na Sala Mardi Gras da Coruña e Femenino Plural en Arteixo. A Panadaría, Carla Green & Exit, Aldaolado, Billie Holiday´s Songbook, Juanita Banana, Rebeca Lane Blues do Pais, Nastasia Zürcher Elahood Danza, Las Antonias, Turma Caipira e Berta Bittersweet forman parte do programa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress