Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de junio de 2018 | Leída 16 veces

Unanimidade na maioría dos puntos da orde do día do pleno

Na sesión ordinaria que se celebrou onte. Aprobouse gratificar aos Policías Locais polo servizo que están a prestar fóra da xornada normal de traballo. Foi nomeada a nova xuíza de paz substituta...

[Img #45819]

 

Onte celebrouse o Pleno ordinario correspondente ao mes de maio. Tal e como é habitual, a sesión comezou gardándose un minuto de silencio en sinal de loito e respecto ás doce mulleres asasinadas en España no que vai de ano vítimas da violencia de xénero.

 

Inmersos no contido da sesión, a maioría das cuestións foron aprobadas por unanimidade dos concelleiros presentes –escusaron a súa ausencia os edís do grupo de goberno Ramiro Bello e Alberto Fuentes e o do grupo socialista Eladio Verdía-. Así, María Inés López Zas foi nomeada como nova xuíza de paz substituta por ser considera a mellora candidata de entre todas as persoas que concorreron ao procedemento debido á súa experiencia demostrada nun posto similar.

 

Tamén houbo pleno consenso na aprobación dunha modificación de crédito por un importe de 3.150 euros que permitirá dispoñer dos fondos necesarios na aplicación orzamentaria correspondente para poder afrontar as gratificacións económicas aos efectivos da Policía Local polos servizos que están a prestar fóra da súa xornada normal de traballo. Neste punto o alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu os servizos extraordinarios que están a realizar os tres efectivos operativos (dos cinco funcionarios adscritos a este servizo, hai dous de baixa) xunto aos dous auxiliares de Policía Local recentemente contratados, aos que en breve se incorporará un máis. Tamén avanzou que xa se completou toda a tramitación coa Axencia de Galega de Seguridade previa á convocatoria de dúas prazas como funcionarios, estimando que “os exames poderían convocarse para o mes de setembro”.

 

Tamén foi aprobado –neste caso, coas abstencións dos grupos do PSOE e do BNG- o recoñecemento extraxudicial de crédito por un importe de 10.000 euros para aboar a Viaqua a liquidación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de auga do 2017. López Varela apuntou que se trata “dunha factura correspondente ao ano pasado que entrou no Concello en 2018”, polo que debe incorporarse ao orzamento do exercicio en curso.

 

Por último, o executivo deu conta ao Pleno da Corporación das 155 resolucións de Alcaldía ditaminadas desde a sesión anterior e tamén dos datos de liquidación do exercicio económico 2017, que deixa un remanente de tesourería para gastos xerais de 3.168.502,20 euros e un superávit positivo de 1.500.530,91 euros. O alcalde salientou que o Concello da Laracha “cumpre coa estabilidade orzamentaria e coa regra de gasto”, presentando unhas “cifras moi positivas que agora nos están permitindo facer fronte a actuacións de investimento para mellorar as infraestruturas municipais”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress