Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 1 de junio de 2018 | Leída 13 veces

A vivenda máis antiga do castro de doade e 4.300 pezas saen á luz grazas aos traballos de escavación financiados por medio rural

O Museo Etnográfico Casa do Patrón segue a realizar varias catas para localizar máis vivendas que formaran parte do antigo poboado, así como para situar un foso defensivo e máis restos arqueolóxicos. O subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural, Javier Blanco, o xefe territorial de Medio Rural de Pontevedra, Antonio Crespo, e responsables do GDR Pontevedra Norte visitaron onte o asentamento para comprobar os resultados das actuacións...

[Img #45817]A través dunha subvención da Consellería de Medio Rural por medio de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural), o Museo Etnográfico Casa do Patrón de Doade puido localizar un dobre foso en rocha e ampliar a zona de vivendas do Castro de Doade. De feito, estes labores serviron para encontrar a residencia máis antiga do castro, que data de entre os séculos IV e III a.C.

 

En total, esta intervención permitiu atopar un total de 4.300 restos cun grande interese arqueolóxico. Entre eles destacan numerosas pezas de cerámica como olas ou tallas de barro. Así mesmo, nesta parroquia de Lalín, descubríronse anacos de muíños e mesmo figuras de bronce. O proxecto requiriu un investimento de 44.166,36 euros, dos que un 90%, é dicir, 39.749,72 euros, proceden do financiamento de Medio Rural.

 

O subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural de Agader, Javier Blanco Carballal, o xefe territorial de Medio Rural de Pontevedra, Antonio Crespo, a xerente do GDR Pontevedra Norte, Paula Suanzes, e o técnico do mesmo grupo de desenvolvemento rural, Ramiro Ruibal, visitaron esta mañá o asentamento para comprobar o resultado dos traballos feitos no castro e os avances dos proxectos de escavación que se están a levar a cabo neste lugar.

 

Blanco Carballal subliñou a importancia do labor que se está a realizar neste espazo, e que favorece "non só aos veciños de Doade, senón tamén ao concello de Lalín, posto que xera economía e turismo e, polo tanto, desenvolvemento deste espazo rural", destacou durante o encontro.

 

Desde o pasado 14 de maio, e ata a primeira quincena de xuño, o Museo Etnográfico Casa do Padrón segue a realizar catas neste asentamento: catro de 4x4 metros na coroa do mesmo para atopar máis vivendas que formaron parte do antigo poboado e unha de 2x8 metros na área do antecastro para localizar un novo foso defensivo e máis restos arqueolóxicos.

 

Unha extensión maior da esperada

Algúns dos obxectos atopados nestas últimas catas dan pé a pensar nunha nova hipótese sobre a historia do castro: que este puidese estar ocupado moitos máis anos dos que a priori se puidese crer. Ata a data, segundo indica o xerente do museo, Manuel Blanco Villar, xa escarvaron máis de 50 metros cúbicos de terra. E segundo sinala o responsable do museo, a extensión do asentamento é moito maior do que se agardaba inicialmente. De feito, só a coroa do castro ten 1 hectárea de extensión. O proxecto que realizan desde o museo inclúe tamén a limpeza e conservación dos restos arqueolóxicos que se atopen e a consolidación das estruturas localizadas.

 

Outra das intencións da entidade é deseñar unha guía turística do Castro de Doade na que se recollan textos informativos e fotografías do espazo. Nestes traballos están a participar cinco arqueólogos e outros cincos bolseiros da Universidade de Santiago de Compostela, así como dous técnicos de restauración.

 

Blanco Villar amosou o seu agradecemento á Xunta de Galicia polo seu "apoio e colaboración con este proxecto", así como aos alumnos do máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC que traballan na escavación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress