Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 31 de mayo de 2018 | Leída 33 veces

O Concello humanizará as rúas Lugo, Carballo e un tramo da Avenida Fisterra da Laracha

Renovaranse as beirarrúas priorizando a circulación peonil en condicións de seguridade e accesibilidade universal. Con esta actuación completarase a transformación desta céntrica zona do casco urbano da Laracha. O Concello inviste 77.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais...

[Img #45812]

 

As obras de humanización das rúas Lugo e Carballo e un tramo da Avenida Fisterra, situadas na capital municipal da Laracha, comezarán a executarse en breve despois de procederse, no propio lugar afectado polo proxecto, á sinatura da acta de comprobación do replanteo por parte do alcalde, José Manuel López Varela, a dirección de obra e o representante da empresa contratista, SYR-AMG.

 

O Concello deseñou esta actuación co propósito esencial de renovar as beirarrúas existentes neste ámbito priorizando a circulación peonil en condicións de seguridade e accesibilidade universal. Ademais, reordenarase o tráfico para facilitar o tránsito dos vehículos, regularanse as interseccións para que sexan máis claras e seguras, acondicionaranse as prazas de aparcamento público, mellorarase a sinalización viaria e renovarase a rede de recollida de augas pluviais.

 

Trátase dunha actuación de similares características á realizada recentemente nas cercanas rúas Epifanio Campo Núñez, Coruña, Pontevedra e Suíza. Con este proxecto completarase a transformación desta céntrica zona do casco urbano da Laracha que conforma unha das áreas residenciais e comerciais de maior relevancia do municipio, ademais de albergar o centro médico e punto de atención continuada da Laracha.

 

O Concello da Laracha inviste 77.000 euros neste proxecto, financiado integramente con fondos propios municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress