Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 31 de mayo de 2018 | Leída 23 veces

Adxudicados os contratos do servizo de roza de estradas e parcelas municipais

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. A campaña está dividida en catro lotes co propósito de axilizar a súa execución. Inclúense todas as estradas municipais e tamén as parcelas que non están contempladas no contrato de mantemento de zonas verdes...

A Xunta de Goberno Local do Concello da Laracha, na reunión celebrada onte, acordou adxudicar os contratos do servizo referido aos traballos para a prevención e defensa contra incendios forestais e de roza de vías e parcelas municipais que se realizarán ao longo dos próximos meses. Fíxose a proposta da Mesa de Contratación, órgano que clasificara todas as ofertas presentadas neste procedemento. A intención é que, unha vez formalizados estes contratos, as actuacións poidan comezar a executarse á maior celeridade posible.

 

O Concello da Laracha inviste un total de 90.000 euros nesta campaña que, co propósito de axilizar a execución dos labores previstos, está dividida en catro lotes. Os tres primeiros inclúen a totalidade das estradas de titularidade municipal e o cuarto refírese ás parcelas municipais que non están contempladas no contrato do servizo de limpeza e mantemento de zonas verdes e que alcanzan, en total, unha superficie de 150.000 metros cadrados.

 

A campaña de desbroce das vías e parcelas de titularidade municipal ten por obxectivo eliminar a vexetación herbácea nas marxes das estradas para frear o seu crecemento, mellorar a visibilidade dos condutores e viandantes e reforzar a seguridade viaria, ademais de previr riscos de incendio e manter o ornato público nas estradas.

 

Na Xunta de Goberno Local tamén foi concedida unha licenza urbanística.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress