Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de mayo de 2018 | Leída 27 veces

O Plan da produción ecolóxica impulsará, con 50 millóns, a investigación, o desenvolvemento e a innovación nun dos nichos con maior potencial para o sector primario

Precisa que o plan aspira a incrementar en 8000 o número de hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, chegando ás 40.000 hectáreas. Avoga por seguir traballando conxuntamente para captar novos produtores e ampliar o seu coñecemento, fomentar a cooperación e o asociacionismo e incrementar as axudas para os custos de certificación...

[Img #45810]

 

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou onte que o Plan estratéxico da produción ecolóxica impulsará, cunha achega de 50 millóns de euros, a investigación, o desenvolvemento e a innovación nun dos nichos de mercado con maior potencial para o sector primario. “En total 50 millóns de euros, nos próximos cinco anos, para apoiar a produción ecolóxica, a elaboración e transformación, para a comercialización e a promoción, para fomentar estudos de investigación e para impulsar a vertebración e organización do sector ecolóxico”, aseverou.

 

Durante a presentación desta iniciativa, Feijóo aseverou que esta folla de ruta garantirá o crecemento sustentable a medio e longo prazo, coa previsión de acadar 230 novos contratos ata o ano 2021. Non en van, na actualidade hai un total de 1067 operadores certificados, que engloban tanto os produtores como os elaboradores.

 

Así mesmo, precisou que o plan aspira a incrementar en 8000 o número de hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, chegando ás 40.000 hectáreas.

 

O presidente da Xunta avogou por seguir traballando conxuntamente para captar novos produtores e ampliar o seu coñecemento, fomentar a cooperación e o asociacionismo e incrementar as axudas para os custos de certificación.

 

En relación á comercialización destacou que o Plan estratéxico da produción ecolóxica ten como obxectivo a creación dunha plataforma en liña de compra e venda de materias primas para apoiar os operadores na cadea de distribución de produtos; internacionalizar e ampliar o coñecemento técnico a través de programas formativos específicos. E, no que respecta aos consumidores, o documento recolle o fin de promover o coñecemento dos produtos ecolóxicos entre os consumidores mediante a súa promoción no mercado interno.

 

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que a produción ecolóxica xa non é unha moda pasaxeira nin minoritaria, como proban os datos presentados polo sector o pasado ano, ao longo do cal, os produtos ecolóxicos alcanzaron un volume de vendas de máis de 59 millóns, un 41,5% máis que en 2016.

 

Nesta mesma liña, cómpre subliñar, a modo de exemplo, que o prezo do leite de produción ecolóxica é un 40% superior o prezo do leite de produción estándar; e a superficie dedicada a agricultura ecolóxica incrementouse, entre 2015 e 2017, en máis dun 50%, pasando de 20.300 a 32.000 hectáreas.

 

A comunidade galega é a primeira en explotacións de leite ecolóxico e ocupa o primeiro posto en cabezas de aves de curral de cría ecolóxica e o segundo en produción de ovos deste tipo; ademais de destacar na produción de mexillón ecolóxico.

 

“Contamos tamén con 20 industrias dedicadas á elaboración de produtos lácteos ecolóxicos; e con 67 industrias de produción de carne ecolóxica, ocupando o terceiro posto no ranking estatal”, precisou.

 

Por último, o presidente da Xunta salientou que este novo plan propón ademais a creación dunha mesa da produción ecolóxica que vertebre a relación do sector coa Administración e incidir no apoio a fixación de poboación no rural galego, unha prioridade na axenda do Goberno galego e na que a produción ecolóxica ten un papel capital.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress