Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de mayo de 2018 | Leída 50 veces
BNG

O BNG de Arteixo pide que se expliquen cales son as medidas medioambientais que se están aplicando para a desmontaxe da chimenea de Sabón

O BNG recibiu información por parte de veciñas e veciños de grandes cantidades de pó a determinadas horas do día. Sabemos que a empresa está en contacto cos veciños e veciñas máis próximos mais iso non é suficiente hai que explicar que se está a facer e como nos afecta a todas e todos...

[Img #45803]As obras da desmontaxe da chimenea de Sabón estanse desenvolvendo desde o mes de febreiro a chimenea maís alta  que ten uns 200 metros aínda que xa desmantelaron parte doutras infraestruturas anexas meses atrás. Nestas últimas semanas varios veciños e veciñas trasladáronnos as queixas por mor do aumento importante de resíduos que caen e que son moi evidentes sobre todo en coches mais que evidentemente afectan a fincas, praia, casas e tamén as persoas.

 

Desde o BNG “queremos que se nos diga de que materiais se trata, a afectación que poden ter e por suposto que se nos indique que medidas se están adoptando tendo en conta a proximidade de casas, dunha praia moi concurrida nos meses de verán e tamén dun polígono industrial no que traballan miles de persoas. Deberían informar convenientemente de todo o que están a facer” indicaron desde o GM do BNG.

 

Queremos que se nos faga chegar o Programa de vixiancia mediambiental e resultados dos controis que se están facendo “descoñecemos que xestións está facendo o concello e cal é a comunicación que existe entre a empresa e o concello, non é normal que en ningún momento se nos comente absolutamente nada sobre a situación que se está a producir en Sabón” destacaron.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress