Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de mayo de 2018 | Leída 25 veces

As obras de construción das beirarrúas en Eusebio Bértoa Queijo comezarán nos próximos días

Crearase un espazo peonil que comunicará a nova senda da AC-552 coa rúa Epifanio Campo Núñez. Melloraranse os accesos a pé cara diferentes instalacións de titularidade pública. Invístense máis de 130.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais...

[Img #45801]A sinatura da acta de comprobación do replanteo por parte do alcalde, José Manuel López Varela, a dirección de obra e representantes da empresa Canarga Construcciones S.L. –adxudicataria do proxecto- foi o paso previo ao inminente inicio das obras de  construción da nova beirarrúa na marxe esquerda da rúa Eusebio Bértoa Queijo.

 

O Concello da Laracha inviste con fondos propios municipais máis de 130.000 euros para crear este novo espazo para peóns que comunicará, en condicións de seguridade e accesibilidade universal, a senda peonil e ciclista que a Xunta de Galicia está construíndo na AC-552 entre A Laracha e O Cancelo (parroquia de Cabovilaño) coa rúa Epifanio Campo Núñez. Polo tanto, tamén serán melloradas as comunicacións a pé cara instalacións como o centro médico e punto de atención continuada da Laracha, o centro de día e residencia da terceira idade, o cuartel da Garda Civil e o CEIP Ramón Otero Pedrayo.

 

A nova beirarrúa en Eusebio Bértoa Queijo terá unha distancia de 250 metros e unha anchura media superior aos dous metros. O proxecto contempla as canalizacións para a condución das augas pluviais, as redes de iluminación pública e as telecomunicacións, así como a reserva de espazos en superficie para a instalación de elementos de sinalización e alumeado.

 

Esta actuación volve a evidenciar a aposta decidida do executivo local pola humanización das rúas no casco urbano da capital municipal, xa que dará continuidade a outros proxectos recentemente executados que permitiron renovar por completo tanto a propia rúa Epifanio Campo Núñez como todo o seu entorno, priorizando o tránsito peonil nesta zona que é unha das áreas residenciais máis importantes do municipio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress