Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de mayo de 2018 | Leída 20 veces

O goberno local dará conta ao pleno da liquidación do exercicio económico 2017

Na sesión ordinaria que se celebrará este xoves. Nomearase o novo xuíz de paz substituto. Proponse aprobar unha modificación do orzamento para gratificar aos efectivos da Policía Local polos servizos prestados fora da xornada normal de traballo...

O Pleno da Corporación municipal da Laracha reunirase este xoves nunha sesión ordinaria á que se elevarán cuestións sometidas previamente aos ditames das correspondentes Comisións Informativas.

 

Un dos asuntos a tratar será a dación de conta do peche do exercicio económico 2017. O balance que se presentará á Corporación deixa un remanente de tesourería para gastos xerais de 3.168.502,20 euros e un superávit positivo de 1.500.530,91 euros. Ambas magnitudes poñen de manifesto a boa situación económico-financeira do Concello da Laracha.

 

No Pleno votarase a proposta do executivo local para nomear o novo xuíz de paz substituto trala valoración, en base á antigüidade demostrada nun posto similar e a formación en materias relacionadas co mesmo, de todas as persoas que concorreron ao procedemento.

 

Por outra banda, elevarase ao Pleno por iniciativa do goberno local unha nova modificación do orzamento xeral municipal, por un importe de 3.150 euros, que permitiría dispoñer dos fondos necesarios na aplicación orzamentaria correspondente para poder afrontar as gratificacións económicas aos efectivos da Policía Local polos servizos que están a prestar fóra da súa xornada normal de traballo.

 

Ademais, proporase á Corporación a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 10.000 euros para aboar a Viaqua a liquidación do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de auga do ano 2017. A factura no puido ser pagada con fondos do exercicio anterior ao ser remitidas ao Concello pola concesionaria trala entrada do novo ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress