Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 30 de mayo de 2018 | Leída 28 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia a investigación de políticas culturais coa convocatoria de dúas bolsas

Dúas bolsas de investigación destinadas á área de políticas culturais é unha das novidades da convocatoria da Deputación da Coruña que afonda na liña da mellora da xestión e as prácticas no ámbito da xestión cultural...

[Img #45800]

 

As áreas de Educación e Cultura da Deputación da Coruña ratifican un ano máis o seu compromiso coa formación e o desenvolvemento da Cultura trala convocatoria de 20  novas bolsas de investigación, entre as que este ano se inclúen dúas destinadas a apoiar estudos que incidan na mellora da xestión cultural galega.

 

Por primeira vez, a Deputación da Coruña convoca dúas partidas de 8.000 euros para aquelas persoas que realicen traballos de investigación cuxo marcado carácter cultural, repercuta dun xeito positivo na realidade social, cultural e económica de Galicia.

 

A nova modalidade incorporada pola área de Cultura da Deputación da Coruña neste 2018, engádese ás 18 bolsas que anualmente convoca a Deputación, e que, subdivididas entre as áreas das Ciencias, Ciencias Sociais, Ciencias da Saúde, Enxeñería e Arquitectura, Artes e Humanidades, Estudos de Xénero e Planificación Lingüística, contribúen a ampliar o coñecemento sobre diferentes temas inseridos en cadansúa área.

 

A novidosa liña de axuda para investigación cultural, representa “un chanzo máis na procura de consolidar un tecido cultural galego sólido e de calidade”, afirmou a vicepresidenta e responsábel da área da Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. A nova convocatoria entronca así con iniciativas encamiñadas á mellora da xestión cultural como a propia liña de contratación para a persoal especializado nos concellos ou o programa de formación da área.

 

Así mesmo, as dúas bolsas destinadas a área de Políticas Culturais seguen a folla de ruta deseñada para este 2018 pola área de Cultura da Deputación da Coruña, pois, ademais de crear o pasado mes de xaneiro o Banco de Boas Prácticas da Xestión Cultural, xunto a Asociación Galega de de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC); tamén se incorpora ás diferentes xornadas formativas que durante o presente ano desenvolve a institución na procura acadar modelos e políticas culturais efectivas, que fagan real o seu lema “A Cultura é un dereito”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress