Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 29 de mayo de 2018 | Leída 31 veces

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas para apoiar a igualdade, a conciliación e a RSE nas pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o programa que inclúe incentivos de ata 12.000€ para promover entre as pemes, micropemes e autónomos a obtención de certificados en RSE, a elaboración e implantación de plans de igualdade e a conciliación con apoios ao teletraballo e para a flexibilidade horaria. A Consellería de Economía, Emprego e Industria reforza esta iniciativa incrementando o orzamento nun 61% con respecto a 2017 ata chegar aos 1,3M€ para apoiar a 340 pemes...

[Img #45791]O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o programa de axudas para impulsar en 340 pemes, micropemes e autónomos a igualdade laboral, a conciliación da vida laboral, persoal e familiar e a Responsabilidade Social Empresarial (RSE) con axudas que poden chegar ata os 12.000 euros por empresa. O Goberno galego, no seu obxectivo de garantir a saúde e benestar dos traballadores e traballadoras, reforza este programa de apoios incrementando o seu orzamento en preto dun 61% con respecto a 2017, ata chegar aos 1,3M€. O prazo de solicitude ábrese mañá e rematará o próximo 28 de xuño.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria busca con esta actuación fomentar a RSE, a igualdade de xénero no ámbito laboral, a corresponsabilidade e a conciliación dos traballadores e traballadoras en equilibrio coas necesidades organizativas da empresa. As compañías que avogan por unha xestión baseada en comportamentos responsables son máis competitivas e desenvolven produtos e servizos de maior valor, o que tamén repercute na cidadanía.

 

A iniciativa establece tres liñas de axudas. Para a implantación da RSE apoiarase a obtención de certificacións ou de informes de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares neste ámbito financiando o 80% dos custos do proceso de certificación ou verificación, cun máximo de 3.000 euros por empresa.

 

Así mesmo, apoiarase o proceso para a elaboración e implantación de plans de igualdade co 80% dos custes cun máximo de 3000 euros por compañía. Este ano, como novidade, financiarase o proceso para poñer en marcha este tipo de plans. O pasado ano estas axudas dirixíanse ás compañías que certificaban que dispoñían destes proxectos.

 

En terceiro lugar, para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, establécense incentivos para o fomento do teletraballo e flexibilidade horaria con axudas de 3000 euros por persoa traballadora beneficiada con límite máximo de 12.000 euros por empresa. Este incentivo incrementarase en 1000 euros para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, polo menos, igual que a masculina.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria tamén dispón de axudas para a adquisición de elementos tecnolóxicos que faciliten o teletraballo, financiándose ata o 80% do investimento co tope de 1500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 5000 euros por empresa. A intensidade desta axuda verase incrementada nun 10% para aquelas empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa, cando menos, igual á masculina.

 

I Encontro Responsabilízate

Para o Goberno galego é na actualidade unha prioridade difundir os valores da RSE entre o tecido produtivo, axudando ás empresas a crecer e gañar en competitividade.

 

Neste ámbito, a Xunta conta con outras ferramentas e programas para a divulgación da RSE como Xeración Responsable, para inculcar entre a mocidade a importancia que ten no día a día a integración de comportamentos socialmente responsables, ou Responsabilízate, de asesoría personalizada ás pemes. Sobre este último proxecto, a Xunta celebra este xoves 31 de maio en Santiago o I Encontro das empresas participantes na primeira edición deste programa.

 

O obxectivo do acto, que terá lugar ao longo da mañá, no Hotel Puerta del Camino, é presentar os resultados das actividades que se levaron a cabo a través desta iniciativa e difundir algunhas das boas prácticas en materia de RSE recollidas dentro do mesmo. Tratarase dunha xornada participativa e dinámica, tanto en canto un grupo de empresas participantes exporán as súas experiencias e actuacións en materia de RSE.

 

Así mesmo, contarase coa presenza do director da Fundación Más Familia, Roberto Martínez, que exporá a súa visión sobre a RSE como elemento clave para a competitividade empresarial.

 

Un total de 127 pemes galegas participaron na primeira fase do programa Responsabilízate a través da cal, co acompañamento dun titor, as empresas puideron diagnosticar o seu estado de avance na RSE e recibiron formación na materia. Un total de 103 pasaron á segunda fase que se centrou na elaboración e implantación do plan de acción da RSE.

 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, pechará a xornada expoñendo as diversas iniciativas postas en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a RSE e fará entrega do certificado de participación ás empresas participantes na primeira edición do proxecto.

 

Galicia é pioneira a nivel nacional na aposta pola RSE para acadar un verdadeiro emprego estable e de calidade. De feito, foi en 2012 unha das primeiras comunidades en poñer en marcha un plan específico de RSE.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress