Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 29 de mayo de 2018 | Leída 22 veces
arteixo

Proxección do documental "Galicia enteira é un festival"

O Auditorio do CSC de Meicende contará o 1 de xuño ás 20:00 h coa proxección do documental "Galicia enteira é un festival", premiado como mellor traballo de fin de grao de temática galega da Universidade da Coruña...

[Img #45783]

 

O Auditorio do CSC de Meicende contará o 1 de xuño ás 20:00 h coa proxección do documental "Galicia enteira é un festival", premiado como mellor traballo de fin de grao de temática galega da Universidade da Coruña. A peza audiovisual trata o panorama festivaleiro dende a dictadura ata o día de hoxe. Case noventa anos de historia narrados dende distintas perspectivas e centrados en tres festivais que a día de hoxe aínda conservan o modelo tradicional: Ortigueira, Pardiñas e Revenidas.


Elas Son Artistas, o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, chega a Arteixo da man de Silvia Penide e Carla López.
 

Elas son Artistas é unha iniciativa integral onde se combina o sector público co privado para dar voz a moitas mulleres profesionais das artes e que habitualmente non gozan do recoñecemento que merecen. Esta primeira edición nace da cohesión de diversos xestores culturais, asociacións sen ánimo de lucro e empresas relacionadas coa música. Tamén están involucrados a Deputación da Coruña e os concellos da área metropolitana, como é o caso de Arteixo que recibe o concerto de Feminino plural con Silvia Penide e Carla López o 1 de xuño ás 18:00 h na Praza do Balneario. En caso de choiva, a actuación trasladarase ao Auditorio de Arteixo.

 

[Img #45784]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress