Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 29 de mayo de 2018 | Leída 34 veces

Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco, celebrou o seu 102 aniversario

É coñecida como Jesusa A Cociñeira e reside en Paiosaco. O alcalde agasallouna en nome da Corporación municipal...

[Img #45780]A señora Jesusa Castiñeira González –coñecida como Jesusa a Cociñeira, xa que exerceu esa profesión no primeiro grupo escolar da Laracha- cumpriu o seu 102 aniversario e festexouno con parte dos seus familiares. Jesusa atópase nun bo estado de saúde e fora a persoa de maior idade das asistentes á Festa-Homenaxe aos nosos maiores celebrada o pasado día 19 de maio baixo a organización do Concello da Laracha.

 

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Rocío López e Ramiro Bello felicitaron en persoa a Jesusa polo seu aniversario e, tal e como é habitual, obsequiárona cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

Jesusa reside en Paiosaco xunto á súa filla Lita, o seu xenro Pepe Regueira e dous netos, Héctor e Mónica. As súas outras dúas fillas son Otilia e Dolores, que están casadas con Jaime e Enrique.

 

Ademais, unha das netas de Jesusa (Montserrat) e tres bisnetos (Nicolás, Álex e Laura) residen en Suíza. A outra neta (Natividad) vive en Granada.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress