Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 26 de mayo de 2018 | Leída 60 veces

O concello aprobou o envío da petición a Google para que normalice os topónimos de Arteixo e o embalse do Rexedoiro

Google está utilizando de forma errónea os topónimos de “Arteijo” e “Rosadoiro”…

O concello aprobou en xunta de goberno o envío a Google dunha petición para que cambie os topónimos incorrectos de “Arteijo” e “Rosadoiro” polos oficiales de Arteixo e Rexedoiro (denominación do embalse situado no Polígono de Sabón). Esta iniciativa faise en colaboración cun grupo de estudantes do IES Manuel Murguía, que baixo a supervisión dunha docente do centro, Teresa Seara, e de dúas docentes e investigadoras da Universidade de Santiago, Gabriela Prego e Luz Zaz. levan a cabo un proxecto sobre a toponimias do concello dentro do programa municipal Arteixo Innovación. Esta solicitude  a Google forma parte da investigación-participativa “GrafiTIC a nosa paisaxe lingüística. Graffiteamos o polígono”, no marco do proxecto I+D+I da Universidade de Santiago de Compostela: Superdiversidad lingüística en áreas periurbanas. Análisis escalar de procesos sociolingüísticos y desarrollo de la conciencia metalingüística en aulas multilingües .

 

Así, á parte do cambio Arteixo/Arteixo o servicio de normalización do concello tamén engadiu a petición dos estudantes o cambio Rexedoiro/Rosadoiro con estos argumentos:

 

1. Solicitarlle a Google que adopte a forma correcta para denominar este municipio substituíndo a forma incorrecta *Arteijo pola forma ARTEIXO.

 

2. Solicitarlle asemade, que revise outra toponimia que tamén figura de forma incorrecta na súa páxina como por exemplo Encoro do *Rosadoiro (incorrecta) por Encoro do REXEDOIRO (correcta).

 

3. Enviarlle a Google o PDF co Proxecto Toponimia de Galicia para facilitarlle as anteditas correccións, dado que nel figuran xeorreferenciadas as formas oficiais da  macrotoponimia e da microtoponimia do Concello de Arteixo, aprobadas oficialmente pola Xunta de Galicia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress