Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de mayo de 2018 | Leída 58 veces

O concello de Arteixo firmou onte o convenio para subvencionar os comedores escolares

A inversión supera os 33.000 euros e canalízase a través das asociacións de pais e nais dos centros escolares…

O concello de Arteixo a través da concellería de Educación que dirixe Celina Varela e coa presencia do alcalde firmou onte os convenios de colaboración coas Asociacións de Nais e Pais dos colexios de Educación Infantil e Primaria para a xestión e organización dos comedores escolares dos centros de ensino.

 

Con esta iniciativa, á que se destinan 33.750 €, a entidade municipal contribúe, por un lado á conciliación da vida familiar e laboral das familias e por outro a diminuir os custos que os usuarios teñen que pagar por empregar o servizo de comedor escolar durante o almorzo, xantar ou merenda.

 

As entidades beneficiarias foron

  • ANPA Ponte dos Brozos do CEIP Ponte dos Brozos
  • ANPA CEIP Arteixo do CEIP Arteixo
  • ANPA Manuel Murguía do CEIP Galán
  • ANPA A Gaivota do CEIP San Xosé Obreiro de Meicende

 

Axudas a escolares

Á parte destes convenios coas ANPAS, no que vai de curso 2017-18, o concello de Arteixo destinou cerca de 240.000 euros en axudas directas os escolares do municipio, entre as becas de comedor e as de mobilidade. Foron máis de 600 axudas as beneficiadas, Ata o de agora as axudas foron concedidas a través as axudas para a compra de material escolar –estas axudas sitúanse entre os 90 e os 190 euros por escolar según a renta familiar-, as axudas directas e individuais para comedores escolares, e as axudas a mobilidade para aqueles estudantes de Arteixo que se teñan que desplazar fora do término municipal para desenrolar os seus estudios. “É moi importante reforzar o gasto en servicios básicos coma a educación. Os pais e nais deben ter a posibilidade de ofrecer os seus fillos a mellor educación posible. De aí a nosa aposta por introducir axudas para os alumnos de Arteixo”, explicou o alcalde Carlos Calvelo sobre este tema.

 

Aportación a las guarderías Galiña Azul

O concello tamén acaba de facer efectiva a súa contribución o coste das prazas das dúas garderías Galiña Azul que a Xunta xestiona en Arteixo -a terceira gardería é de xestión municipal e os gastos lque asume o concello totalmente. As dúas garderías -unha situada en Pastoriza e outra no núcleo de Arteixo construida pola Fundación Amancio Ortega recibirán un total de 86.000 euros destinados a sufragar unha parte do coste total que teñen as prazas dos nenos que acuden a elas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress