Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de mayo de 2018 | Leída 19 veces

O Concello da Laracha contará con 5 prazas nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña

A actividade realizarase 22 ao 27 de xullo. Os interesados deben formalizar a súa preinscrición no Concello antes do 15 de xuño. Entre os solicitantes realizarase o sorteo público das prazas concedidas á Laracha...

A Deputación da Coruña outorgou cinco prazas ao Concello da Laracha para os campamentos deportivos que organiza o ente provincial e que van dirixidos a nenos de entre 9 e 14 anos.

 

A quenda de asistencia do noso municipio será a cuarta, isto é, do 22 ao 27 de xullo.

 

Durante o campamento a estancia será nas instalacións do Centro Calvo Sotelo da Coruña. Os participantes practicarán diversas modalidades deportivas, como actividades náuticas, equitación e sendeirismo, ademais doutras de tipo cultural e de obradoiros de diversas temáticas.

 

O prazo de preinscrición xa está aberto. Os interesados deben anotarse no Concello como data límite o 15 de xuño. Entre todos os solicitantes realizarase o sorteo público das cinco prazas concedidas á Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress