Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 25 de mayo de 2018 | Leída 27 veces

Adxudicado o proxecto de eficiencia enerxética nos parques o recreo e Maximino Canedo

Na Xunta de Goberno Local celebrada onte. As luminarias serán substituídas por outras LED de última xeración. O Concello presenta un novo proxecto para poder empregar enerxías renovables no spa da piscina municipal. Tamén ten proxectado realizar un novo programa de voluntariado xuvenil durante o verán...

Na reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe foi adxudicado o contrato de execución do proxecto de mellora da eficiencia enerxética nos parques O Recreo e Maximino Canedo.

 

O proxecto contempla a renovación da iluminación exterior en ambos parques, dous puntos de encontro para a veciñanza situados en zonas céntricas e residencias da capital municipal. As actuais luminarias serán cambiadas por outras LED de última xeración e de alta eficiencia enerxética. Tamén se contempla a adaptación dos centros de mando coa instalación de reloxos astronómicos, equipamento que permite o acendido e apagado de xeito automático e acorde á época do ano baseándose na posición solar. Polas súas características o proxecto é rendible tanto no aspecto medioambiental como no económico, xa que o consumo eléctrico diminuirá en torno ao sesenta por cento sen afectar á calidade do servizo que se ofrece á cidadanía.

 

A actuación está valorada en 40.000 euros e será cofinanciada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte con fondos das axudas do Plan Leader, á súa vez cofinanciadas co Feader no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2010 (PDR).

 

Precisamente no marco desa mesma liña de subvencións, a Xunta de Goberno Local acordou hoxe presentar ao GDR un novo proxecto de eficiencia enerxética, neste caso centrado en mellorar o sistema de quentamento da auga do spa da piscina municipal. Preténdese substituír a actual caldeira de gas natural instalando un novo grupo de bombeo e tubaxes con illamento térmico que permitirían levar ata o spa a auga quente desde o xerador de calor de pellets co que conta este complexo deportivo. Deste xeito a enerxía a empregar pasaría a ser renovable, máis eficiente e cunha materia prima que, ademais de proceder de Galicia, sería máis barata, polo que estaríamos ante un investimento economicamente rendible. O orzamento da actuación sitúase en torno as 11.500 euros.

 

Ademais, tamén se acordou solicitar a participación na convocatoria de axudas da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de iniciativas de voluntariado xuvenil (DOG número 82 do 27 de abril de 2018). O Concello da Laracha pretende levar a cabo durante o próximo verán un programa dirixido a mozos de entre 16 e 30 anos de idade e centrado no voluntariado nos ámbitos educativo, social e cultural e a promoción do traballo en rede.

 

Por último, salientar que na sesión de hoxe foron concedidas dúas licencias urbanísticas de primeira ocupación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress