Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 24 de mayo de 2018 | Leída 27 veces

En marcha as obras de mellora dos accesos ao parque empresarial da Laracha

Desde a estrada AC-552. Ampliarase e mellorarase a superficie da calzada ata a glorieta de acceso principal á área industrial. O proxecto está valorado en máis de 93.000 euros e é financiado integramente con fondos propios municipais...

[Img #45700]Xa están en fase de execución as obras de mellora dos accesos ao parque empresarial da Laracha desde a estrada AC-552. O alcalde, José Manuel López Varela, e os edís Jesús Souto e Patricia Bello fixeron unha visita ao lugar das actuacións, onde se reuniron cos responsables das empresa que está a executar os traballos –Construcciones López Cao S.L.- e da dirección de obra.

 

A área de actuación deste proxecto sitúase entre a estrada comarcal AC-552 (A Coruña-Fisterra) e a glorieta do acceso principal ao polígono. A lonxitude lineal do tramo é duns trescentos metros, nos que a plataforma da calzada será ampliada e contará cun pavimento de calidade realizado con aglomerado asfáltico en quente. A vía tamén será dotada coa rede de recollida de augas pluviais e coa correspondente sinalización.

 

Ademais de facilitar os accesos á área industria, esta actuación tamén mellorará as comunicacións entre a AC-552 e os lugares de Sande, Trasande, Arén e Os Mouriños (todos eles, na parroquia de Cabovilaño) a través da antiga estrada de Lendo.

 

O proxecto está valorado en máis de 93.000 euros e é financiado integramente con fondos propios municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress