Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 17 de mayo de 2018 | Leída 35 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña participa na mostra dopatrimonio marítimo galego no Festival Marítimo de Pasaia

A Deputación da Coruña colabora coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) na delegación galega que participará na primeira edición do Festival Marítimo de Pasaia, que se desenvolve entre os días 17 e 21 de maio. O encontro citará na localidade guipuscoana embarcacións históricas e tradicionais chegadas de todo o continente...

[Img #45637]Nesta edición inaugural, a delegación galega será a convidada de honra dun certame que porá en valor a cultura e tradición marítima de distintas rexións europeas. Así, o Festival Marítimo de Pasaia artellou un programa repleto de actividades culturais e gastronómicas, que durante cinco días converterán a baía pasaitar na capital do sector marítimo.

 

O deputado e responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, subliñou o “grande orgullo” que representa para a institución provincial poder participar nun festival en que se poderá “dar a coñecer a Galicia como potencia mariñeira histórica” e a súa “arraigada tradición na construcción de embarcacións navais e pesqueiras”. Así, Regueira puxo en relevo o traballo e a colaboración das entidades participantes, encabezadas pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e os diferentes axentes que participan no evento.

 

A delegación galega achegará até Euskadi unha mostra de embarcacións tradicionais gen que se poderá contemplar a grande variedade e tipoloxías das naves empregadas pola frota galega ao longo da súa historia. Ademais disto, a Deputación da Coruña tamén levará a cabo diversos obradoiros que servirán para expor algúns dos oficios máis senlleiros da tradición mariñeira en Galicia, entre os destacan os talleres que impartirán as redeiras de Malpica,  o obradoiro das palilleiras de Camariñas, ou senllos talleres de artesanía e maquetación de embarcacións.

 

O departamento de turismo da Deputación xestionará tamén un punto de información turística dentro do espazo institucional con atención ao público e reparto de material turístico dos concellos.

 

O Festival Marítimo de Pasaia 2018 é o primeiro encontro de embarcacións tradicionais que se celebra en Euskadi contando, entre outras, nesta edición inaugural coa presenza da fragata L’Hermione, unha réplica do grande navío francés que levou ao Marqués Lafayette até os Estados Unidos para participar na Guerra da Independencia.

 

O evento reunirá embarcacións históricas e tradicionais de diferentes partes do continente e terá un programa cultural variado, baseado na tradición e orientado á interacción coas diferentes culturas europeas que se atoparán neste evento. Unha oferta chea de actividades culturais, gastronómicas e musicais que nace coa vocación de converter o Festival de Pasaia nun referente do sector marítimo a nivel europeo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress