Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 16 de mayo de 2018 | Leída 63 veces

Programa deportivo de verán 2018 en Arteixo

Na época de verán a Concellería de Deportes renova o seu compromiso de achegar a práctica deportiva aos cidadáns de Arteixo...

[Img #45631]

 

Co obxectivo constante de promover uns hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais escolares, a Concellería de deportes a través deste programa continúa co seu obxectivo de fomentar o asociacionismo, apoiando ao tecido asociativo local coas distintas actividades nas que colabora. Por ese motivo propóñense unha serie de actividades que se ofertarán ao longo de todo o verán en diferentes instalacións deportivas municipais. A partires do 1 de xuño poderán facerse as inscricións nas diferentes actividades propostas.

 

Campus e Campamentos

  • XIII Campus deportivo de natación (organizado por Club Natación Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) do 25 ao 29 de xuño, na Piscina Municipal de Arteixo e pavillón por determinar.
  • VI Campus deportivo Judo Club Arteixo (organizado por Judo Club Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)  do 2 ao 6 de xullo no Pazo dos Deportes.
  • Obradoiro multideporte de verán - complexo deportivo municipal (organizado por Aquafit Xestión S.L en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en catro quendas: do 2 ao 13 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 31 de agosto, no Complexo Deportivo Municipal de Arteixo.
  • VI Campus deportivo de ciclismo de montaña (organizado por Club Ciclista MB3 en colaboración co Servizo Municipal de Deportes) en dúas quendas: do 2 ao 13 de xullo e do 16 ao 27 de xullo, no Polideportivo Ponte dos Brozos.
  • Acampada intermunicipal na natureza Vilarbó 2018 (organizada polo Servizo Municipal de Deportes)  do 6 ao 18 de xullo e do 20 ao 27 de xullo en Neda.
  • XII Campus de baloncesto e ii escola de baloncesto C.B Arteixo - concello de Arteixo (organizado por Club Baloncesto Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)  do 2 ao 13 de xullo e do 6 ao 23 de agosto respectivamente no Pazo dos Deportes.
  • IV Campus triatlón Arteixo (organizado Club Triatlón Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)  en dúas quendas: do 2 ao 6 de xullo e do 9 ao 13 de xullo en instalacións deportivas por determinar.
  • Campamento urbano de xadrez (organizado por Club Xadrez Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)  en dúas quendas: do 2 ao 6 de xullo e do 9 ao 13 de xullo no local municipal Mestre Mateo.
  • Campus de patinaxe club Fervello (organizado por Club Deportivo Fervello en colaboración co Servizo Municipal de Deportes)  do 2 ao 13 de xullo e do 16 ao 21 de xullo no Polideportivo Municipal de Meicende.

 

Cursos

  • Curso de Verán de Patinaxe artística (organizado polo Club Patín Axel Arteixo en colaboración co Servizo de Deportes).
  • Curso de Iniciación ao Kung Fu Infantil Estilo Di Som (Organizado pola AD Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes).
  • Curso de Iniciación á Ximnasia Artística Deportiva (Organizado pola AD Arteixo en colaboración co Servizo Municipal de Deportes).
  • Cursos de actividades acuáticas e de sala para distintas idades  (Organizado por Aquafit Xestión S.L. en colaboración co Servizo de Deportes).
  • Escola de Verán de Baloncesto (organizada polo Club Baloncesto Arteixo en colaboración co Servizo de Deportes).
  • Curso de Verán de Surf (organizado polo Servizo de Deportes).
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress