Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 16 de mayo de 2018 | Leída 46 veces
arteixo

Os veciños de Arteixo recordan o nacemento de Manuel Murguía en Oseiro

Dentro do proxecto do concello de Arteixo "Banco dos Recordos", veciños de Oseiro contan os seus recordos sobre o nacemento de Manuel Murguía en Oseiro en 1833 con motivo do Día das Letras Galegas...

A páxina web do concello de Arteixo ten desde finais do ano pasado un apartado que pretende, a través das reportaxes elaboradas pola xornalista Maica Rodríguez, enriquecer a historia e o patrimonio locais coa participación activa dos veciños. Os vídeos, que se atopan nun lugar destacado da páxina web, ofrecen entrevistas nas que a veciñanza conta as súas vivencias e lembranzas do Arteixo de antano.

 

Envíamos o enlace dos recordos do nacemento de Manuel Murguía,que, según contan os protagonistas, acabou nacendo en Oseiro debido a que a súa familia pasaba por aí de camiño a romería de Pastoriza. A casa onde naceu acabou en risco de ruina fai máis de corenta anos e a finais da década dos setenta foi demolida.

 

O banco dos recordos ofrece outros vídeos como do vello Entroido arteixán, romarías como as de Pastoriza e todo tipo de recordos do concello de Arteixo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress