Jueves, 2 septiembre 2010

Contratación provisional da escola infantil e do Centro de Pastoriza

Enviar por email

A Xunta de Goberno aproba a contratación provisional da Escola Infantil e do Centro Multiuso de Pastoriza...



Dúas das obras máis importantes deste ano lexislativo recibían onte a aprobación provisional das súas contratacións, na Xunta de Goberno de onte.

Por un lado, o Goberno Municipal aprobaba a adxudicación provisional da Escola Infantil de Pastoriza, unha nova infraestructura financiada pola Deputación da Coruña, que busca dar alivio á enorme demanda de prazas en educación infantil que afronta o Concello de Arteixo, un dos municipios con maior índice de nacementos de Galicia.

Esta nova Escola Infantil contará con dúas unidades de 0 a 1 año, con 8 prazas cada unha, outras dúas unidades de 1 a 2 años, con 18 prazas cada unha, e tres unidades de 2 a 3 anos, con 54 prazas cada una, o que duplica as prazas existentes neste momento.

No tocante ao Centro Multiusos de Barrionovo, a adxudicación provisional este proxecto e execución, permitirá ao Goberno de Arteixo mellorar ostensiblemente a actual escola ubicada nesta parcela, mediante a ampliación das súas dotacións, creando, anexa á mesma, un centro social que permita aos veciños mellorar a súa calidade de vida e as infraestructuras das que gozan nestes momentos.

As obras impedirán que os rapaces que actualmente toman clases neste centro poidan permanecer nel neste próximo curso 2010-2011, pero o executivo local solventou este inconvinte contratando a colocación duns módulos especiais nas inmediacións da escola, o que permitirá aos escolares seguir asistindo a clases sen saír do seu entorno, e, ao mesmo tempo, por en marcha estas obras de xeito inminente sen interromper o curso académico.

¡Deje su comentario!
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2012 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS