Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 16 de mayo de 2018 | Leída 31 veces
Deputación da Coruña

Sons de hai máis de 2.000 anos inundarán este xoves o Teatro Colón

En “Os sons esquecidos”, multinstrumentista Abraham Cupeiro sorpréndenos cunha escolla de instrumentos pouco convencionais, construídos ou atopados por el mesmo...

[Img #45629]Este xoves 17 de maio ás 20:00h, a área de Cultura da Deputación da Coruña programa no Teatro Colón “Os sons esquecidos”, un espectáculo do multinstrumentista Abraham Cupeiro, no que se mestura unha orquestra moderna con instrumentos de épocas antigas.

 

Este concerto propón ao espectador unha viaxe no tempo a través da música, unha procura das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo, creando un discurso novo e sorprendente que xa foi gravado en 2016 coa Real Filharmonía de Galicia para a discográfica Warner Classics.

 

Este xoves poderemos escoitar máis dunha decena de instrumentos pouco convencionais, algúns deles construídos ou atopados polo mesmo Abraham Cupeiro. O elemento central é o karnix, unha trompeta de guerra celta de 3 metros de lonxitude que evoca o son das sirenas, os delfíns e o mar.

 

Acompañan a este sorprendente instrumento outros como a corna, un corno do macho da cabra que, cunha simple embocadura e varios orificios, sopraron durante séculos os pastores en Galicia, coa que ofrece cantos populares improvisados; ou a uillean pipe, gaita da familia das cornamusas, que neste caso utiliza para interpretar o Aria da Suite en Re de J.S. Bach.

 

Música e instrumentos separados no tempo como o tango e o cornetto, antecesor de madeira do oboe, acóplanse dunha forma tan natural que parecen ter sido pensadas na mesma época.

 

Construtor e multinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Aínda que tivo unha formación clásica,  sempre sentíu atracción por todo tipo de músicas. Así, dende novo formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga…

 

A súa interese pola organoloxía, levoulle a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. É unha colección que ensina a modo de concerto-monólogo baixo o nome de Resoando no Pasado.

 

As entradas para este espectáculo pódense mercar en ataquilla.com ou na billeteira do Teatro Colón. Os horarios de apertura están dispoñibles en www.teatrocolon.es/entradas

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress