Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 15 de mayo de 2018 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña súmase desde o teatro á homenaxe de María Victoria Moreno no Día das Letras Galegas

O Teatro Colón acolle este mércores desde as 20:30 horas a representación da obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos” de Matrioshka Teatro...

[Img #45622]

 

A área de Cultura da Deputación da Coruña súmase á homenaxe a María Victoria Moreno levando ao escenario do Teatro Colón  a obra “Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos”, de Matrioshka Teatro. O espectáculo, que terá lugar o mércores ás 20:30 horas é unha das iniciativas que organiza arredor da escritora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

 

Baixo a dirección de Gena Baamonde, a compañía Matrioshka Teatro -integrada por Anabell Gago, Chelo do Rejo e Lorena Conde- encargarase de interpretar unha peza en que se abordarán os pormenores da vida e da obra da escritora homenaxeada co día das Letras Galegas 2018. A obra supón ademais, segundo a compañía, unha homenaxe ás mestras que atopamos nas nosas vidas.

 

Neste sentido, a compañía defende que o espectáculo “é unha homenaxe a todas as persoas que nos arroupan e nos dan guía. A todas esas figuras que, estean presentes ou non, nos serven de compás e nos fan medrar. Ás mestras de vida, encarnadas por nós en María Victoria Moreno, sempre entregada nas aulas e nos libros, sempre apaixonada, comprometida e honesta”.

 

Tras realizar unha exhaustiva análise sobre a traxectoria profesional de María Victoria Moreno, a compañía teatral centrou as súas pesquisas en coñecer o perfil máis persoal da autora, o través de diversas entrevistas con diferentes persoas que compartiron experiencias vitais coa escritora.

 

A vicepresidenta responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín subliñou que “a representación de Matrioshka Teatro permítenos achegarnos non só á obra de María Victoria Moreno senón tamén  ao seu compromiso diario coa lingua e cultura galega, ademais da faceta máis persoal dunha muller próxima que acompañou varias xeracións no amor polo galeog e a súa literatura”.

 

Video interactivo

A figura de María Victoria Moreno é tamén a protagonista do vídeo interactivo que a área de Cultura da Deputación da Coruña disponibiliza co fin de que, de maneira especial o alumnado dos centros de ensino, se acheguen de maneira amena á figura da escritora.

 

Onde naceu María Victoria Moreno? Cal é a súa obra máis coñecida? Como definiu a súa vinculación coa lingua galega? Ou Que colección editorial codirixiu? Son algunhas das preguntas do video que está a disposición na ligazón: https://www.dacoruna.gal/normalizacion/video-interactivo-maria-victoria-moreno/

 

O xogo permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas na súa historia a través de de preguntas con catro posíbeis respostas. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa-virtual e relacionada coa autora-, de non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress