Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 15 de mayo de 2018 | Leída 17 veces

No concello pódense obter copias dos recibos para aboar o imposto de circulación

O período voluntario de abono remata este mércores. Pagalo fóra de prazo suporá un recargo no seu importe. A xestión do cobro está delegada na Deputación da Coruña e neste ano producíronse incidencias no envío dos recibos por correo ordinario...

Este mércores, día 16 de maio, rematará o prazo para o abono no período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (imposto de rodaxe).

 

O Concello da Laracha ten delegada a xestión deste cobro na Deputación Provincial da Coruña e neste ano producíronse incidencias no envío por correo ordinario dos recibos aos propietarios dos vehículos.

 

Desde o Concello da Laracha infórmase a aquelas persoas que non teñan domiciliado o imposto de rodaxe e que non recibiran na súa vivenda o documento para facer efectivo o abono, que nas oficinas municipais teñen a posibilidade de obter unha copia do mesmo.

 

Non aboar o imposto durante o período voluntario supón un recargo no seu importe.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress