Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 13 de mayo de 2018 | Leída 37 veces
Deputación da Coruña

Ponteceso, Curtis e Cariño acollerán en xuño a 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña

A Deputación e a Federación Galega de Ciclismo presentaron na praia de Balarés o evento, que reunirá a máis dun centenar de ciclistas de 16 equipos. A Volta deste ano será emitida por Teledeporte e poderá verse en toda España…

[Img #45609]

 

Os concellos de Ponteceso, Curtis e Cariño serán este ano as sedes centrais da 17ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 1 e 3 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.

 

O evento deportivo foi presentado onte pola mañá na praia de Balarés (Ponteceso) durante un acto que contou coa asistencia do deputado de Deportes, José García Liñares, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, o alcalde de Dumbría e deputado provincial, José Manuel Pequeño, o concelleiro pontecesán de Deportes, Marco Varela, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, o exciclista Ezequiel Mosquera, o director técnico da proba, Guillermo Sande, o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, o teniente da Guardia Civil José Manuel Meléndez e o xornalista deportivo da Radio Galega Andrés Vieites, que se encargou de conducir o acto.

 

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, destacou “a ilusión e paixón” dos ciclistas e o importante traballo de organización que supón para clubs e federación a Volta Ciclista á Provincia, que este ano será emitida ademáis por Teledeporte, o que permitirá proxectar a riqueza paisaxística da provincia coruñesa en todo o Estado.

 

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, José Manuel Muñiz, asegurou que a edición 2018 da Volta será “unha das máis duras e tamén unha das máis fermosas”, pois a pesar da dureza das etapas discorre por entornos de gran beleza natural.

 

Os alcaldes de Ponteceso e Cariño agradeceron á Deputación que tivese elixido as súas localidades, xunto con Curtis, como sedes centrais da Volta á Provincia e subliñaron o apoio ao ciclismo por parte dos deputados de Deportes e Vías e Obras da Deputación, que permitiron que a provincia acollese etapas da Vuelta Ciclista a España e teña en marcha ambiciosos proxectos de promoción do ciclismo como a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña ou a Vía Verde Santiago-Cerceda.

 

Etapas da Volta

Nesta 17ª edición da Volta participarán un total de 17 equipos de Asturias, Tenerife, Madrid, Extremadura, Cantabria, Castela-León, Galicia e Portugal.

 

A proba comezará o 1 de xuño en Ponteceso, cun percorrido de 150 quilómetros que pasará por A Campara, Pazos, A Bugalleira, Tella, Neaño, Cesullas, O Allo, Baio, Zas, o alto de San Roque, Santa Comba, Pino do Val, Paxareiras, O Pindo, O Ézaro (con subida ao mirador), Hospital, Dumbría, Vimianzo e regreso a Ponteceso.

 

O 2 de xuño a etapa da Volta partirá de Curtis, dende onde se realizará un percorrido de 133 quilómetros que pasará por Teixeiro, A Castellana, Montesalgueiro, Arceo, A Gándara (Boimorto), Arzúa, Melide, Pontepedra e Sobrado dos Monxes para volver a Curtis.

 

A derradeira etapa, de 125 quilómetros, disputarase o 3 de xuño sairá do porto de Cariño e pasará por Ortigueira, Espasante, Loiba, O Barqueiro, A Faladoira, San Claudio, Ponte Mera, Felgosas, Campelo, Cedeira, Pontigas e Garita da Herbeira para rematar de novo na Avenida da Constitución de Cariño.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress