Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Domingo, 13 de mayo de 2018 | Leída 33 veces

Máis de cen persoas participarán hoxe na andaina bordeando o río Bradoso que organiza o concello da Laracha

‘Os muíños do Bradoso’ é un roteiro circular de sete quilómetros de distancia. Haberá buses desde a Praza do Concello para desprazarse á escola de Cumiáns en Montemaior, o punto de partida e de finalización. A terceira andaina deste programa municipal será ‘As pedras de Soandres’ o vindeiro día 10 de xuño...

[Img #45608]

 

Hoxe domingo terá lugar a segunda das tres andainas que compoñen o programa ‘Coñece o teu Concello’, organizado polo departamento de deporte co obxectivo de ofrecer á veciñanza unha oportunidade para realizar rutas de sendeirismo por diferentes localizacións da zona interior do termo municipal nas que destacan a natureza, as paisaxes, o patrimonio histórico e os recursos turísticos de maior relevancia.

 

Nesta ruta titulada ‘Os muíños do Bradoso’ participarán un centenar de persoas. Os autobuses partirán da Praza do Concello ás 9:30 horas con destino á escola de Cumiáns. Ese lugar é o punto de partida e tamén de finalización do percorrido, que é circular, de dificultade baixa-moderada e duns sete quilómetros de distancia, sempre bordeando o río Bradoso. A ruta está marcada pola súa beleza paisaxística e riqueza medioambiental e patrimonial, xa que ao longo dela existen varios muíños de rodicio.

 

O día 10 de xuño realizarase a terceira e última andaina. ‘As pedras de Soandres’ é un roteiro de dificultade moderada e trece quilómetros de distancia. Partirase do mosteiro de San Pedro de Soandres, visitaranse os Fornos dos Mouros e a Pedra da Cabirta e concluirase o percorrido no miradoiro de Santa Marta, no punto de confluencia das parroquias de Soandres, Soutullo e Coiro.

 

As inscricións son gratuítas e deben formalizarse no Concello, ben acudindo á Casa Consistorial ou chamando ao 981 605 001.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress