Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de mayo de 2018 | Leída 38 veces
BNG

O PP de Arteixo di non a todas as propostas de investimento que fai o BNG

Non levan no modificado de crédito as melloras en seguridade viaria no polígono de Sabón que se veñen solicitando desde hai tempo...

[Img #45600]

 

O BNG de Arteixo levan xa moito tempo solicitando melloras de seguridade viaria para peóns nun polígono industrial “onde moita xente se despraza á zona escolar, deportiva, aos seus traballos, á praia etc camiñando en zonas onde os problemas de seguridade son importantes” destacan “as zonas peonís tiñan que terse recollido xa no convenio de cesión, e tamén poideron facerse nas modificacións que se fixeron a posteriori como solicitamos, mais non quixeron”.

 

Un exemplo moi significativo é a Avda. da moda, punto de conexión de Sabón e o Rañal coa zona do Alto de Arteixo e do Seixedo, “hai ancho suficiente para non ter nin que eleminar zona de aparcamenteo mais a día de hoxe poder camiñar por alí tal e como está é correr moitos riscos. Poden facer unha actuación sen practicamente ningunha dificultade e dar seguridade as persoas que camiñas a diario pola contorna.

 

“Levamos tempo pedindo esas melloras mais a resposta é evidente nada de nada” indican desde o grupo municipal. Esta non é a única zona que precisa unha intervención e o BNG apunta que sería moi importante tamén que se actuara na Avda. da prensa en dirección á praia de Sabón “cada día hai máis usuarias e usuarios desa praia e cada día é tamén máis habitual ver pasar xente camiñando polo que hai que tomar medidas de seguridade para peóns mais tamén de controlar a velocidade” din desde o grupo municipal.

 

“Das altas velocidades pola Avda. da prensa xa temos advertido no concello mais a día de hoxe aínda non se adoptou ningunha medida” . O BNG de Arteixo pide que se controle máis e que se adopten medidas para facer un polígono seguro tanto para as traballadoras e traballores como para as persoas que a díario se achegan a  dar un paseo até as praias da contorna”.

 

[Img #45601]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress