Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de mayo de 2018 | Leída 10 veces
cambre

O Concello estuda cos gabinetes xurídicos municipais e da Deputación as accións a seguir despois de que a Xunta desestimase os recursos sobre o cambio de subministro enerxético en A Barcala

O Concello realizou un recurso de alzada contra a resolución autonómica que autorizaba ao cambio de instalacións para subministrar gas natural. O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, seguiremos denunciando este abuso comercial onde sexa necesario para defender aos nosos vecinos…

A Xunta de Galicia vén de resolver o recurso de alzada municipal e veciñal (asinado por 319 veciños e veciñas da urbanización) contra a resolución que permite a Gas Natural substituir el suministro enerxético na urbanización de A Barcala, de propano a gas ciudad.

 

O alcalde de Cambre, lamenta a resolución da Xunta e tomará as decisións oportunas cando os xúridicos municipais e os servizos da Deputación  estuden as posibles accións para deter o que consideran unha práctica abusiva e froito do monopolio.

 

“O Concello sempre estará xunto aos veciños para defender os serus dereitos e denunciar o que considera unha practica abusiva dunha entidade que exerce un monopolio no seu sector”, apuntou o alcalde.

 

Os xurídicos municipais discrepan do fallo autonómico posto que ven unha contradicción evidente na propia autorización administrativa. Sinalan que as condicións que a Xunta impón para autorizar o devandito cambio enerxético. “La nueva suministradora (Gas Galicia) deberá subrogar en los derechos y deberes adquiridos por Respsol Butano  en su día mediante la firma de los correspondientes contratos de suministro”.

 

Nestes contratos obrigábase ao subministro de gas propano e por tanto dun gas específico cun poder calorífico moi determinado, polo que a resolución autonómica “entra en una clara contradicción al autorizar el cambio de combustible de propano a gas natural y al mismo tiempo exigir que esta autorización esté supeditada a la condición de que GAS GALICIA se subrogue a los derechos y obligaciones contraídos con sus clientes en A Barcala”.

 

Por este motivo o Concello esixiu no recurso, rexeitado pola Xunta, a revocación da resolución  e permita, deste xeito, que os veciños continúen co  subministro de propano. El alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegura que  “o que se pide e que sexan os veciños os que libremente elixan o tipo de subministro enerxético e que non se lles impoña un determinado gas por unha política comercial concreta”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress