Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de mayo de 2018 | Leída 12 veces
Deputación da Coruña

O servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña supera as 2000 persoas usuarias

O programa de Teleasistencia Domiciliaria "Contigo Mellor", artellado pola área de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, segue a velar pola seguridade e autonomía das máis de 2.000 persoas maiores adheridas ao programa durante este 2018...

[Img #45594]

 

A Deputación da Coruña dá resposta co programa "Contigo Mellor" ás necesidades que presentan as súas veciñas e veciños maiores de 65 anos -non dependentes-, cun programa de atención domiciliaria que garante o seu benestar durante os 365 días do ano.

 

A deputada e responsábel de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, subliñou a relevancia que ten este programa para as persoas usuarias e as súas familias, pois "o contacto permanente que existe entre a central de atención e as persoas usuarias achega unha maior tranquilidade a quen máis o necesita".

 

Nesta mesma liña, Ánxela Franco puxo en relevo o "grande valor e a  repercusión" que ten o programa de teleasistencia domiciliaria nas áreas rurais da Coruña, onde "moitos das persoas usuarias viven en completa soidade" lamentou.

 

Deste xeito, o servizo TAD da institución provincial permite ás persoas usuarias estar en contacto permanente coa central de atención, premendo o botón do medallón ou da pulseira que levan consigo, un sistema que contribúe a darlles "autonomía, seguridade e tranquilidade".

 

O programa de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación da Coruña está dirixido a aquelas persoas maiores de 65 anos –non dependentes- que residan nalgún dos 89 concellos con menos de 50.000 habitantes da provincia.  Así,  dende o pasado mes de marzo súa área de Servizos Sociais desenvolve baixo o lema "Contigo Mellor", unha campaña de promoción do servizo TAD coa que prentende incrementar a visibilidade dos seus beneficios.

 

O programa da institución provincial conta co apoio das persoas profesionais das áreas de Servizos Sociais de 89 dos 93 concellos da provincia (agás A Coruña, Santiago, Ferrol e Muros), así como do persoal das unidades de traballo social dos centros hospitalarios e de saúde pública do Sergas, e o persoal dos centros de día, de maiores, cívicos e de iniciativa social da provincia.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress