Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de mayo de 2018 | Leída 30 veces

A Laracha acollerá un obradoiro formativo para mulleres do proxecto ‘Digitalizadas’

Organizado pola Fundación Mujeres, Fundación Cibervoluntarios e Google.org. Céntrase na capacitación dixital e na mellora da empregabilidade. Realizarase na primeira quincena de xuño. A inscrición xa está aberta e é gratuíta para os participantes...

O Concello da Laracha acollerá na primeira quincena do mes de xuño un obradoiro formativo dirixido a mulleres que se levará a cabo no marco do proxecto ‘Digitalizadas’ que impulsan a Fundación Mujeres, Fundación Cibervoluntarios e Google.org en colaboración co Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e o Fondo Social Europeo.

 

O obxectivo prioritario é proporcionar capacitación en alfabetización dixital ás participantes, mellorar a súa empregabilidade e facilitar o emprendemento das mulleres que viven en áreas rurais. A finalidade última consiste en promover a inserción social e laboral das participantes, protexendo os dereitos e seguridade das mulleres en entornos dixitais. Así mesmo, aspírase a xerar unha ‘Red Digitalizadoras’, comunidade de mulleres con maior interese no uso da tecnoloxía para fomentar o xurdimento de referentes empresariais locais femininos.

 

O obradoiro constará de seis sesións formativas de dúas horas de duración cada unha a impartir en horario de mañá os días 4, 6, 8, 11, 13 e 15 de xuño. Desenvolverase integramente na aula de informática do edificio de servizos múltiples da Laracha.

 

As mulleres interesadas en formar parte desta iniciativa poden ampliar información e anotarse acudindo ao departamento de Servizos Sociais ou á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, ambos situados no edificio de usos administrativos da Laracha. A inscrición é gratuíta.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress