Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 12 de mayo de 2018 | Leída 23 veces

Última semana para solicitar a participación na convocatoria de subvencións municipais a entidades

O prazo remata o 21 de maio. O Concello destina 121.500 euros a esta convocatoria. O obxectivo é apoiar economicamente o asociacionismo e aos deportistas máis destacados...

O vindeiro luns 21 de maio rematará o prazo para solicitar a participación na convocatoria das subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais para o fomento da organización e realización de actividades ou actos considerados de interese xeral para a poboación ao longo deste ano.

 

O Concello da Laracha destina 121.500 euros a esta liña de axudas. Deste xeito o goberno municipal mantén o seu firme compromiso co apoio económico ao asociacionismo e tamén aos deportistas máis destacados a nivel individual.

 

Os catro apartados de actuacións subvencionables que se recollen na convocatoria corresponden a

 

  • Promoción de actividades educativas: actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas Asociacións de Alumnos ou de Pais ou mesmo polos propios centros educativos.
  • Promoción de actividades culturais: entendendo por elas calquera acción referida á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.
  • Promoción de actividades deportivas: neste apartado inclúense as escolas deportivas, cursos, competicións, campus e todas as actividades relacionadas co fomento do deporte en xeral.
  • Deportistas individuais: a través desta achega económica, o Concello da Laracha pretende apoiar aos seus deportistas máis importantes cunha subvención para sufragar os gastos das viaxes ou da adquisición e o mantemento do seu material deportivo. Á hora da concesión da subvención, valoraranse os éxitos persoais de cada deportista nas competicións en diferentes ámbitos xeográficos.

 

Unha vez remate o prazo, a Comisión de Valoración analizará todas as solicitudes presentadas en base aos diferentes criterios estipulados na convocatoria.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress