Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 9 de mayo de 2018 | Leída 93 veces

As furnas de suevos. Paseo xeolóxico

A parroquia arteixá de Suevos será a gran protagonista do paseo xeolóxico do próximo sábado 2 de xuño. De orixe xermánica, Suevos tamén se perde na profundidade dos tempos xeolóxicos; posto que os seus materiais pertencen ao Complexo alóctono de Ordes, que xurdiu como consecuencia do proceso oroxénico do noso relevo hai máis de 290 millóns de anos...

[Img #45573]

 

En pouco máis de 3 Km percorreranse os materiais máis antigos e representativos do dito complexo alóctono, co obxectivo de interpretar a historia da bisbarra que remonta aos primordios da época Paleozoica. Xistos e cuarcitas do Silúrico conforman o basamento metamórfico de Suevos, o cal se encontra amplamente tectonizado e modelado en forma de pequeno golfo debido á poderosa enerxía desenvolvida polas ondas mariñas nesa latitude.

 

Ademais de rochas metamórficas, entre punta e punta pódense observar diferentes granitoides (granodiorita e leucogranito) dispostos en bandas lonxitudinais intruidas entre o substrato paleozoico e parcialmente deformadas.

 

 As furnas, as praias, os depósitos de coios, os regatos, os cantís e outras formas do relevo completarán a interpretación da paisaxe complementada coas oportunas doses de historia xeolóxica do Cuaternario. Só así poderemos ser quen de analizar a máis imperfecta das creacións da natureza, aquela na que formas, texturas, cores e volumes labran nos corpos pétreos un valioso retrato natural difícil de imitar.

 

Para participar neste Paseo Xeolóxico, inserido no concepto de Turismo Científico, cómpre facer a inscrición no teléfono 981 659 177 ou presencialmente na Oficina de Información de Arteixo. A antedita inscrición comeza o día 8 de maio.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress