Tras o remate das vacacións estivais e coincidindo coa volta á rutina escolar dos máis cativos da casa comeza a programación de “Cultura para nen@s” da Concellaría de Cultura de Arteixo. A través deste programa levaranse a cabo 4 espectáculos infantís todos os venres do mes de setembro no Auditorio do Centro Cívico Cultural...
Deste xeito o vindeiro venres 3 de setembro ás 20:30 h comezamos coa representación de “A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz” de Teatro del Andamio, un espectáculo para maiores de 4 anos. Nesta obra, dirixida por Pablo Nojes, reinvéntase o conto popular para ofrecer aos espectadores unha visión actual que defende os principios de igualdade e de solidariedade.
O prezo das entradas é de 2,50 €, tendo unha redución dun 25 % os estudantes e a 3ª idade que deberán acreditarse no momento de recoller as súas entradas no Centro Cívico Cultural de Arteixo. O horario de venda ao público é de luns a venres de 9:00 a 14:00 h ou unha hora antes do comezo da función (sempre e cando non se esgoten durante a semana).
![[Img #4932]](upload/img/periodico/img_4932.jpg)
O venres 3 de setembro terá lugar a inauguración da exposición dun veciño de Pastoriza, natural de Viveiro, José Vargas Campo.
"Inicio", nome escollido polo autor para a exposición por motivos obvios xa que é a primeira exposición que realiza, é unha completa colección de pintura acrílica sobre madeira e lenzo a través da cal se percibe o gusto deste pintor autodidacta polo Impresionismo pero á súa vez defínea un estilo moi persoal. Os seus cadros agochan un profundo realismo que simultaneamente encerran pura poesía grazas á cor, un trazo moi característico das súas obras que lle permite desbordar alegría e optimismo. Trátase dunha magnífica colección dun artista en pendes froito da súa dedicada afección á pintura, ao debuxo e á fotografía.
A exposición poderá visitarse do 1 ao 14 de setembro en horario de 10:00-14:00 h na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo