Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de marzo de 2018 | Leída 39 veces
cambre

Protección Civil pecha unha parte do paseo fluvial ante o derrubamento de parte do antigo muiño dos Galiñeiros

Por sorte, non houbo que lamentar feridos xa que o inmoble estaba baleiro no momento do suceso...

[Img #44989]

 

Protección Civil de Cambre pechou o paseo fluvial á altura da Ponte dos Galiñeiros despois do derrube de parte do antigo muiño (Cecebre).

 

Onte sobre as 12:50 horas aproximadamente os usuarios do paseo fluvial do río Mero alertaron ao Concello de Cambre do derrubamento  de parte do edificio do muiño dos Galiñeiros sobre un canal do río Mero, a uns 150 metros da presa de Cecebre.

 

Segundo os técnicos municipais, descoñecense as causas do derrube aínda que apuntan ao incremento do nivel do río, os fortes refachos de vento desta pasada fin de semana e as consecuencias do paso do tempo na estrutura puideron influír no colapso do alicerce que se atopaba sobre o río.

 

O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, desprazouse ata o lugar do suceso acompañado do arquitecto e da aparexadora municipal. Varios efectivos da  Garda Civil, da brigada de Obras e un técnico de Augas de Galicia tamén se desprazaron ata a zona.

 

Os efectivos de seguridade accederon ao interior da vivenda co obxectivo de  comprobar que non se atopaban os inquilinos na mesma. O alcalde logrou contactar coa propietaria do inmoble, que media hora máis tarde chegou ata o lugar do derrube. “Tivemos sorte e non se atopaba ninguén na vivenda e a parede non caeu sobre o paseo do Mero. Pecharemos o paseo fluvial deste lado para prever incidentes”, apuntou o alcalde.

 

García Patiño lembrou, ademais,  que as previsións meteorolóxicas apuntaban a ventos fortes esta mesma noite polo que mandou apuntalar o resto do inmoble ata que a propietaria ou o seu seguro se fagan cargo da actuación. Trátase dun edificio protexido nas normas subsidiarias polo que o proxecto de rehabilitación terá que ser revisado por Patrimonio e Augas de Galicia, pola súa afección.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress