Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de marzo de 2018 | Leída 22 veces
cambre

Cambre rende honra aos seus cineastas

A Corporación Municipal rendiu homenaxe onte a tres cinesastas cambreses que lograron importantes éxitos no mundo audiovisual…

[Img #44995]

 

O pleno da Corporación recibiu aos   cambreses Lucía Catoira, David  Saborido e Nani García, que recentemente lograron éxitos no audiovisual e están a levar o nome do municipio con orgullo por todo o territorio nacional e internacional.

 

David  Saborido,  estivo nomeado na categoría de animación con  Galesauros. David xa acadou o Mestre Mateo no 2016, e xa ten unha traxectoria no audiovisual español nunha categoría tan difícil como a animación.

 

Doutra banda, Nani García, un consagrado jazzista, un músico extraordinario que non só é un virtuoso no campo musical senón que xa é un recoñecido compositor de  filmes. A película na que NANI compuxo a Banda Sonora, “Unha Muller  Fantástica”, foi premiada nos Óscar a Mellor  película de fala non inglesa da Academia de Holllywood e nos Premios  Goya como  Mellor película Iberoamericana, entre outros moitos premios…

 

E  Lucía Catoira, galardoada nos Premios Mestre Mateo á mellor directora de fotografía coa súa película “Dhogs”. Anteriormente premiada tamén como directora de fotografía dos filmes Trote ou Matria, esta última gañadora do Sundance Film Festival de  USA ou  ​Gran Premio do xurado no Festival Int. de Cine de Valladolid (Seminci, 2017) -

 

Segundo Óscar García Patiño, “Os tres cambreses son un orgullo para o municipio polo que no nome de todo o pobo de Cambre queremos felicitarlles e animarlles a continuar coas súas trayectorias profesionais”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress