Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 14 de marzo de 2018 | Leída 32 veces

O Concello dota coas redes de abastecemento e saneamento ao núcleo de o Cruceiro de Coiro

O investimento situarase en torno aos 50.000 euros. Finánciase integramente con fondos propios municipais. Darase cobertura a medio centenar de veciños...

[Img #44987]

 

O núcleo de O Cruceiro da parroquia de Lendo está a ser dotado coas redes de abastecemento de auga e saneamento de residuais. O Concello da Laracha financia integramente este proxecto, no que se investirán preto de 50.000 euros.

 

A actuacións contempla a ampliación das dúas redes nunha lonxitude lineal de máis de seiscentos metros, permitindo levar ambos servizos ás vivendas da zona, na que residen medio centenar de veciños.

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable da área de obras, Jesús Souto, comprobaron o desenvolvemento dos traballos no lugar no que comezaron a desenvolverse as primeiras actuacións.

 

A existencia de máis de trescentos lugares poboados ao longo do termo municipal da Laracha require dun importante esforzo investidor por parte do Concello da Laracha na mellora e ampliación das infraestruturas necesarias para a prestación de servizos á poboación residente no rural.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress