Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de marzo de 2018 | Leída 18 veces
arteixo

"Os Postulantes"

"Os Postulantes" de CT Elsinor no Auditorio do Centro Sociocultural de Meicende…

[Img #44981]

 

O vindeiro venres 16 de marzo ás 20:00 h, terá lugar a representación da obra teatral "Os Postulantes" de CT Elsinor, no auditorio do Centro Sociocultural de Meicende.

 

Fundada en 1990 como grupo independente e autoxestionado, a compañía ten como obxectivo a práctica dun teatro do noso tempo, libre de imposicións e atento a un diálogo fértil cos espectadores. Caracteriza ao grupo a exploración de linguaxes, tanto do punto de vista literario ou actoral, coma do canto puramente escénico.

 

Na súa historia, abonda a produción de formas breves de teatro, con poucos intérpretes e unha linguaxe innovadoras.

 

Entre os artistas que dan vida a esta historia, cabe destacar a actuación de Carme Martínez, Margot Reynoso, Xosé Martínez, Xabier Esteller, Cristina Fuentes e Xulia Miguel e na dirección Manuel Lourenzo.

 

A obra irá dirixida ao público adulto, sen custo de entrada e con invitación a recoller 1 hora antes da actuación no mesmo centro até completar a capacidade da sala.

 

Sinopse: A cidade está aberta. Non hai segredos para ninguén. Todo o que se ocultaba salta co estalar da luz. Todos postulan. Todos queren atinxir... o paraíso?

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress