Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de marzo de 2018 | Leída 19 veces
Deputación da Coruña

A Deputación forma ao seu funcionariado na nova Lei de Contratos do Sector Público

A Deputación da Coruña realizou onte pola mañá un curso dirixido ao seu funcionariado sobre a Lei 09/2017 de Contratos do Sector Público, que vén de entrar en vigor o pasado 9 de marzo e introduce importantes novidades no procedemento de contratación das Administracións Públicas...

[Img #44977]

 

A xornada, que foi inaugurada polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez, serviu para explicar e resolver dudas acerca dalgúns dos detalles que incorpora a nova lexislación no seus 347 artigos, entre elas o reforzo dos principios de publicidade e transparencia na administración, a través de cuestións como a supresión do procedemento negociado sen publicidade, a redución dos límites para acudir ao contrato menor ou a introdución dun novo procedemento aberto simplificado.

 

González Formoso destacou a “trascendencia” da nova Lei “a nivel xurídico, pero tamén económico, pois a contratación pública representa o 18% do Produto Interior Bruto europeo” e instou aos responsables dos diferentes servizos provinciais a continuar traballando para “mellorar a axilidade dos procesos de contratación e para que esta Deputación siga sendo unha referencia en transparencia” .

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress