Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de marzo de 2018 | Leída 42 veces

Café Bar Esmorís, primeiro premio do xurado profesional e popular da III Edición de a Laracha de Tapas

Dotados con 300 e 200 euros respectivamente. Café Bar Guadalupe foi galardoado co segundo premio do xurado profesional (250 euros). Os premios aos locais e tamén os regalos aos consumidores serán entregados nun acto que se celebrará o sábado na Casa da Cultura...

[Img #44973]

 

A terceira edición do concurso A Laracha de tapas desenvolvida do venres ao domingo baixo a organización do Concello volveu ser un rotundo éxito de participación. Durante esas tres xornadas once locais ofreceron elaboracións orixinais e de calidade ao prezo de 1 euro, que foron altamente valoradas polo público consumidor.

 

O Café Bar Esmorís, situado na rúa Santa Lucía da Laracha, coa súa “costela asada con puré de pataca e grelo”, ofreceu a mellor tapa segundo os criterios tanto do xurado profesional como do popular, obtendo os primeiros premios en ambas categorías, dotados con 300 e 200 euros respectivamente. Segundo os responsables deste local, durante os tres días esgotáronse as 650 tapas que elaboraran empregando 90 quilos de costela.

 

O “Bocadito Guadalupe”, unha filloa rechea con chicharróns e queixo coa que concursou o a Cafetería Guadalupe (Avenida de Caión), foi galardoado co segundo premio do xurado profesional, dotado con 250 euros. Neste local foron despachadas preto de 1.500 tapas.

 

Cabe lembrar que o xurado profesional estivo composto polos bloggers gastronómicos José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Alberto López Traba (www.elzampondecompostela.blogspot.com.es) e Lucía Deza (www.lasrecetasdelualba.es/). Todos eles coincidiron en destacar a alta calidade das elaboracións.

 

O xurado popular formárono todos os clientes que depositaran os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. En total foron rexistrados 774 votos válidos (debían estar selados por tres locais diferentes), dos cales 168 foron para a creación do Café Bar Esmorís, a mellor valorada.  Café Bar Guadalupe tamén quedou no segundo lugar, O Noso Café no terceiro, Manhattan Skyline no cuarto e Bar Sara no quinto.

 

Todas as persoas que emitiron o seu voto participaron no sorteo dos regalos doados polos establecementos participantes e as empresas colaboradoras. O acto de entrega dos premios aos locais e tamén dos agasallos aos consumidores que votaron terá lugar o próximo sábado (17 de marzo) ás 11:30 horas na Casa da Cultura da Laracha.

 

Desde o Concello da Laracha mostramos a nosa satisfacción por chegar á terceira edición de A Laracha de tapas e consolidar este concurso como unha excelente oportunidade para dar un impulso ao sector comercial local e crear un escaparate para que os locais de hostalería da capital municipal poidan darse a coñecer e mostrar ao público a calidade tanto das súas creacións como do servizo que ofertan durante todo o ano.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress