Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de marzo de 2018 | Leída 36 veces

O Concello comeza a instalar as placas coa numeración definitiva en todas as vivendas de Coiro

Os indicadores recollen o nome da parroquia e do núcleo de poboación exacto no que se sitúa o inmoble. É a parte final do proxecto para recuperar os 311 topónimos existentes no Concello da Laracha como parte importante do patrimonio cultural inmaterial municipal. A continuación actuarase nas outras doce parroquias...

[Img #44972]

 

O Concello da Laracha comezou a instalar en cada vivenda de Coiro unha placa na que se identifica a parroquia, o núcleo de poboación exacto no que se sitúa e o seu número definitivo no padrón municipal. Esta actuación, financiada integramente con fondos municipais, levarase, a continuación, ás outras doce parroquias.

 

Trátase da parte final da iniciativa impulsada polo goberno local con dous obxectivos fundamentais. Por unha parte, que cada casa teña a súa placa posibilitará manter unha uniformidade nos indicadores ao longo de todo o Concello, ademais de ofrecer unha información de moita utilidade. Por outra banda, recuperaranse a totalidade dos topónimos que existían no ordenamento dos anos ’90 –antes da agrupación de lugares que se realizou trala aprobación das Normas Subsidiarias Municipais-, o que implica a renumeración das vivendas para rexistralas no seu emprazamento real.

 

A través deste proxecto foron incorporados ao padrón municipal 73 novos topónimos para adaptarse ao total 311 de núcleos de poboación laracheses que actualmente xa están rexistrados no nomenclátor oficial da Xunta de Galicia e contemplados no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). No caso concreto de Coiro, o padrón municipal pasou de rexistrar 21 topónimos aos 51 actuais.

 

Para poder incorporar os novos topónimos ao rexistro municipal tamén foi preciso o recoñecemento dos mesmos por parte do Instituto Nacional de Estadística (INE), trámite previo necesario antes de proceder a reempadroar aos veciños dos lugares afectados xa no seu lugar de residencia exacto.

 

Por tanto, co proxecto que está a desenvolver o Concello da Laracha recupérase unha parte importante do patrimonio cultural inmaterial municipal como son os topónimos, nomenclatura que, na práctica, sempre empregaron os veciños residentes nesas aldeas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress