Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de marzo de 2018 | Leída 23 veces

A Xunta está a investir máis de 30 M€ no Parque Ofimático da Coruña co fin de dar resposta ás necesidades de vivenda social na cidade

Vázquez Mourelle salienta a licitación onte das obras de construción de 40 vivendas de promoción pública cun investimento de 5,5 millóns de euros. Explica que a Xunta xa dispón deste proxecto, adecuado ao criterio municipal, para a execución destas vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, dúas adaptadas a persoas con mobilidade reducida e con rocho e praza de garaxe...

[Img #44951]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o director do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, salientou onte un investimento autonómico de máis de 30 millóns de euros no Parque Ofimático da Coruña co fin de dar resposta ás necesidades de vivenda social na cidade.

 

Vázquez Mourelle presentou hoxe este proxecto, adaptado ao criterio municipal, que o Goberno galego licitou onte para construír 40 vivendas de promoción pública mediante o investimento de 5,5 millóns de euros. O prazo de presentación de ofertas para as empresas interesadas remata o próximo 3 de abril.

 

Este proxecto, para poder atender e facilitar o acceso a un fogar ás familias con menos recursos, contempla vivendas de 2, 3 e 4 dormitorios, dúas delas adaptadas para persoas con mobilidade reducida e dotadas con rocho e praza de garaxe.

 

A titular de Vivenda subliñou que o prazo de execución das obras é de 24 meses e para cumprir o cronograma previsto e iniciar as obras este mesmo ano, cómpre a implicación do Concello e da súa axilidade na concesión das licenzas necesarias.

 

A Xunta solicitou por primeira vez esa licenza municipal en decembro de 2016 e, tras nove meses de espera, o Concello denegouna 9 meses despois, o pasado mes de setembro sobre a base dunha interpretación lexislativa bastante restritiva. O Executivo autonómico considera que o municipio podía ter resolto doutro xeito, pero o obxectivo é sacar adiante o documento e a construción das vivendas sociais, polo que para non demorar máis os prazos, de inmediato se incorporaron todos os requirimentos técnicos trasladados polo Concello para volver presentar a solicitude de licenza o pasado 21 de febreiro.

 

Urbanización

Ethel Vázquez indicou que o Parque Ofimático é un proxecto de enorme importancia para a Xunta, no que se prevé a execución de 1.100 vivendas sociais, públicas e protexidas. Neste sentido, concretou que é preciso avanzar tamén no desenvolvemento das obras de urbanización, ao que o Goberno galego xa ten destinado máis de 12 M€ e prevé destinar 13 millóns máis.

 

A Xunta é propietaria maioritaria do solo co 50% do total, pero o Concello é responsable das obras de urbanización que se están a executar, e que, unha ver rematadas, posibilitarán a ocupación das vivendas xa construídas.

 

Ethel Vázquez indicou que estas actuacións están a rexistrar un importante retraso con respecto aos prazos comprometidos, provocando que máis de 200 familias estean á espera de poder ocupar os seus novos fogares, nos que teñen investido tamén importantes sumas de diñeiro. Deste xeito, destacou que o Concello debe convocar canto antes a reunión conxunta entre todas as partes para poder aclarar as dúbidas e os problemas co avance dos proxectos neste ámbito.

 

Recordou que xa lle trasladou ao alcalde ata en 4 catro ocasións a preocupación polo estado de execución do acordo para o desenvolvemento do ámbito asinado en agosto de 2016 por Concello, Xunta e cooperativistas.

 

Apelou á responsabilidade do Concello para poder avanzar neste proxecto, que require de traballo conxunto, co obxectivo de investir na construción das 40 VPP e tamén para continuar co desenvolvemento do resto do Parque Ofimático e crear un novo espazo residencial na cidade.

 

Rehabilitación

Ethel Vázquez subliñou que a Xunta, ademais do proxecto do Ofimático, tamén está a traballar para potenciar as actuacións de rehabilitación, e así, puxo a disposición do concello de a Coruña no último ano preto de 4 millóns de euros para as areas de rehabilitación integral para que os particulares puideran solicitar as axudas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress