Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de marzo de 2018 | Leída 29 veces
cambre

O CBS Cambre comeza a tempada na liga Nacional de Softbol de División de Honra

Este fin de semana o CBS Cambre xogará o seu primeiro partido de liga en Valencia...

[Img #44944]

 

As xogadoras de  CBS Cambre participan por segundo ano consecutivo na máxima competición de  softbol feminino en España.

 

A “Piña Amarela” viaxará este fin de semana a terras valencianas para xogar a primeira xornada da liga de División de Honra de  Softbol feminino. O equipo, que está formado ao completo por canteira galega, afronta esta competición con moita ilusión e cun gran traballo técnico detrás.

 

O domingo a partir das 11:00 h enfrontaranse ao  CBS Facho Valencia, un dos 10 mellores equipos do país, en dous partidos consecutivos. O enfrontamento reunirá ao 9º e 10º clasificado da tempada pasada no Campo Municipal de  Béisbol- Softbol de Valencia.

 

Ademais, esta tempada os afeccionados do  Softbol da nosa cidade poderán gozar dos partidos que xogarán como local o  CBS Cambre, grazas ao campo "renovado" de  béisbol e  softbol situado en Acea da  Ma, Culleredo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress