Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de marzo de 2018 | Leída 15 veces
Deputación da Coruña

A Deputación financia a pavimentación de camiños municipais en Paderne

O concello licita obras en diversos viarios dentro do Plan Único provincial...

O Concello de Paderne licita as obras do Plan Único da Deputación da Coruña para mellorar a pavimentación nas parroquias de Paderne, Velouzás, Viñas e Vigo.

 

Os traballos, que contan cun orzamento de 42.158 euros achegado integramente pola institución provincial, consistirán na reparación e mellora de camiños municipais, que na actualidade presentan deficiencias como baches e danos na capa de rodaxe que prexudican á circulación.

 

Este tipo de obras para mellorar as infraestruturas viarias municipais foron as máis demandadas polo Concello de Paderne que,decidiu destinar gran parte dos  516.257,17 euros achegados pola Deputación á pavimentación de camiños en todas as parroquias do municipio.

 

Ademais destas obras, o Plan Único tamén achega 186.426,20 euros ao Concello de Paderne para financiar parte do gasto corrente, custeando servizos básicos coma a limpeza viaria, o alumeado público, o mantemento dos accesos aos núcleos de poboación ou o tratamento de residuos.

 

As obras que veñen de saír a licitación realizaranse no camiño que enlaza o núcleo de Sas a Estrás, que ten unha lonxitude de 550 metros; o vial de 2 quilómetros entre Ponte Zarzo e Esperela, e outros 3.950 metros en Paderne de Abaixo, incluíndo o tramo que discorre no núcleo de poboación.

 

Os traballos incluirán a limpeza da totalidade de superficie, para posteriormente reparar as zonas deterioradas, aplicando pedra machada e compactada e unha rega asfáltica semiprofunda.

 

Así mesmo, nas calzadas de todos os camiños aplicarase unha rega asfáltica de selado e formaranse e limparanse gabias.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress