Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 10 de marzo de 2018 | Leída 45 veces

O Concello inviste 600.000 euro na mellora das instalacións deportivas municipais

Nos pavillóns do IES Agra de Leborís, CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e Municipal da Laracha estanse a instalar novos elementos de seguridade. Nos campos de fútbol da Laracha e Paiosaco renovaranse as barandillas das bancadas, instalaranse novos banquillos e dotaranse con marcadores electrónicos. Xa están concluídas as obras de construción dos vestiarios no pavillón do CEIP Otedro Pedrayo e de creación da pista multideportiva no parque Maximino Canedo. Cambiarase o céspede do campo de fútbol de Paiosaco, instalaranse dous parques biosaudables e crearase unha nova pista multideportiva na Laracha...

[Img #44939]O Concello da Laracha está a promover e financiar integramente con fondos propios unha serie de actuacións en diferentes instalacións deportivas de titularidade municipal, que están valoradas en 200.000 euros, co obxectivo de reforzar a seguridade dos usuarios e mellorar os equipamentos.

 

Os proxectos que xa están concluídos son o de construción dos vestiarios no pavillón do CEIP Otero Pedrayo da Laracha e a creación da pista multideportiva no parque Maximino Canedo, tamén na capital municipal.

 

No pavillón do IES estase a reforzar a seguridade na bancada coa instalación dunha nova barandilla de protección para o público. O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Jesús Souto, comprobaron persoalmente o desenvolvemento dos traballos nunha visita ás obras. Actuacións de similares características realízanse no pavillón Municipal da Laracha e no do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, instalacións nas que tamén se mellorará a seguridade no relativo á prevención de incendios.

 

Por último, tanto o campo de fútbol Municipal da Laracha como A Porta Santa de Paiosaco serán obxecto de sendos proxectos de similares características, contemplándose a substitución das barandillas das bancadas, a instalación novos de banquillos e a dotación con marcadores electrónicos.

 

Á marxe destas obras, cabe lembrar que o pavillón municipal de Xermaña, en Caión, xa fora obxecto dunha ampla intervención durante o pasado verán para renovar a cuberta na que se investiran outros 70.000 euros. Agora mellorouse o seu aspecto co repintado das paredes exteriores.

 

Ademais, está en fase de contratación o proxecto de cambio de céspede artificial do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco (222.000 euros), está previsto no orzamento municipal deste ano a construción dunha pista multideportiva xunto ao IES Agra de Leborís (80.000 euros) e nos próximos días serán instalados dous novos parques biosaudables nos cascos urbanos da Laracha e de Caión (24.000 euros).

 

En total, o Concello da Laracha inviste preto de 600.000 euros na procura de que as instalacións deportivas municipais estean nas mellores condicións posibles e, deste xeito, promover o seu uso especialmente a través dos clubs das diferentes disciplinas deportivas, os centros de ensino durante o horario lectivo e, tamén, a nivel individual por parte da veciñanza en xeral da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress