Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de marzo de 2018 | Leída 31 veces
Deputación da Coruña

A Deputación tínguese de morado para conmemorar o Día Internacional da Muller

A institución provincial defende a igualdade a través de diversas accións como premios culturais, o programa de Deportes “Contra os elementos” ou o proxecto “Compartimos Plan”...

[Img #44930]

 

A fachada do edificio da Deputación da Coruña, situado na Avenida do Porto, iluminarase onte pola noite de morado para conmemorar o Día Internacional da Muller.

 

A Deputación súmase deste modo as reivindicacións desta data, dentro da súa liña estratéxica e transversal de fomento da igualdade. Con motivo deste día internacional, a institución provincial tamén elaborou unha campaña propia que baixo o lema "O noso camiño decidímolo nós!" apoia ás mobilizacións e paros laborais que se producirán ao longo da xornada de onte.

 

A institución provincial desenvolve unha gran cantidade de accións en prol da igualdade, coma as desenvolvidas na Área de Cultura como son os Premios Luísa Villalta e Begoña Caamaño e o Concurso de Viñetas pola igualdade, o programa en Deportes "Contra os elementos" ou o proxecto "Compartimos Plan", que pretende sensibilizar á sociedade e identificar as necesidades vencelladas coa igualdade entre homes e mulleres.

 

Así mesmo, a Deputación organiza a a gala “16Mx8M” o vindeiro sábado día 10 de marzo ás 20:30 horas, que convocará no Teatro Colón a dezaseis mulleres da música como son MJ Pérez, A Banda da Loba ademais de Mounqup, gañadora do Premio Narf da Deputación da Coruña, e "Máis boas cás patacas", a banda que gañou a categoría xuvenil do premio Quero Cantar coa súa canción "Son muller". A compañía trasPediante conducirá a gala que é gratuíta previa retirada da entrada na web de Ataquilla ou na billeteira do Teatro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress