Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de marzo de 2018 | Leída 38 veces

Avanzan as obras de construción da beirarrúa nun tramo da rúa Mestre Baldomeiro Fraile

Situada no casco urbano da Laracha, perpendicular á Avenida Fisterra. O investimento superará os 30.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais...

[Img #44927]José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e Jesús Souto, concelleiro responsable das áreas de Urbanismo e Obras, comprobaron in situ o avance nas obras de construción da nova beirarrúa na rúa Mestre Baldomero Fraile, no casco urbano da Laracha, coas que se mellorarán as condicións da rede viaria e será reforzada a seguridade neste ámbito.

 

Para a creación da nova infraestrutura foi necesaria a construción dun muro de contención. O proxecto tamén contempla a canalización soterrada para posibilitar a posterior instalación da iluminación pública.

 

Unha vez rematadas as obras, a previsión é que o tránsito peonil aumente por esta rúa que, ademais de albergar un edificio de vivendas, comunica directamente as Avenidas Fisterra e Doutor López Astray, vertebradoras das comunicacións no casco urbano da capital municipal.

 

O Concello da Laracha inviste neste proxecto 30.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress