Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 9 de marzo de 2018 | Leída 77 veces

Un proxecto do programa Arteixo Innovación obtén un premio nacional de educación

O proxecto “Realidad virtual e storytelling” do colexio Ponte dos Brozos obtén un galardón no Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa, que selecciona os mellores programas de innovación educativa de España…

[Img #44906]O programa municipal Arteixo Innovación recibiu un galardón máis. Nesta ocasión foi o proxecto “Realidad Virtual e storytelling” que cerca de douscentos alumnos do colexio Ponte dos Brozos están desenrolando como parte de Arteixo Innovación, que abrangue programas relacionados coa innovación.

 

en once centros educativos do concello, que acceden así as axudas económicas que se conceden no municipio dentro do proxecto Arteixo Innovación. Os centros educativos poden desenrolar con estes cartos diferentes proxectos relacionados coas tecnoloxías da información durante o curso escolar. A finais de curso o departamento de Educación do concello organiza o denominado Encontro de Experiencias sobre Tecnoloxías da Información e a Comunicación que se desenvolve  no centro tecnolóxico municipal sito no polígono de Sabón. Os profesores dos distintos centros de Arteixo son os encargados de transmitir as súas experiencias coas TIC como ferramenta para a educación e como medio para facer chegar os seus coñecementos ós seus alumnos. O departamento de Educación que dirixe Celina Varela aposta firmemente pola tecnoloxía como medio para o progreso e para o ensino e se convirte en apoio para que os centros escolares dispoñan dos elementos necesarios para a aplicar.

 

Concretamente, o proxecto “Realidad virtual e storytelling” gañou o terceiro premio do Premio Nacional Fundación GSD de Innovación Educativa. Os alumnos supervisados pola profesora Begoña Codesal traballaron na realización de contidos coa aplicación Cospaces dirixidos a creación de mundos virtuales en tres dimensións. A partir de esta premisa, os alumnos podían crear todo tipo de contidos, xa sexan historias animadas, contos, libros, videoxogos, etc. Na creación destes contidos, os alumnos utilizan de forma multidisciplinar materias como matemáticas, lingua, ou outrras asignaturas. A profesora Begoña Codesal, a directora do Ponte dos Brozos Patricia Galán, e o coordinador do programa Arteixo Innovación, Fernando Moreno, reuníronse co alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Educación Celina Varela para tratar diversos asuntos relacionados co programa Arteixo Innovación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress