Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de marzo de 2018 | Leída 34 veces
natación

Campionato galego infantil e junior

Esta fin de semana celebrouse o Campionato Galego de Natación de categorías Infantil e Junior de Inverno...

[Img #44901]Tivo lugar en Cervo, Lugo, en piscina de 50 metros. O Club Natación Arteixo acadou o 17º posto Junior e Infantil nas clasificacións conxuntas cunha participación de 7 nadadores e 5 nadadoras.

 

Os componentes deste equipo destacaron polo seu traballo de equipo e pola súa actitude competitiva, acadando as súas mellores marcas persoais en case tódalas probas.

 

[Img #44902]Participaron nas remudas con equipos masculino e feminino infantil, e obtiveron os seguintes postos:

  • Equipo Feminino Infantil: 12º en 4x100 libre, 11º en 4x100 estilos, 12º en 4x200 libre.
  • Equipo Masculino Infantil: 14º en 4x100 libre, 11º en 4x100 estilos.

 

O equipo voltou para casa o domingo pola noite con dúas medallas femininas; de Nerea Pazos, ouro junior na proba de 200 bolboreta e de Nerea Iglesias, bronce infantil en 400 estilos. Esta nadadora participará a finais de marzo no Campionato de España Infantil que se celebrará en Pontevedra.

 

[Img #44903]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress