Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 8 de marzo de 2018 | Leída 32 veces
arteixo

Arteixo homenaxea ao poeta cubano-arteixá Manuel Álvarez Fuentes

A figura do escritor residente en La Habana pero de pais e avós de Arteixo será glosada polo profesor Carlos Loureiro como preámbulo do concerto de Roi Casal, que no 2014 tivo un encontro co poeta en La Habana a través dun amigo común como Neira Vilas…

[Img #44900]

 

Manuel Álvarez Fuentes (1939), de pai e avós paternos coruñeses, así como o avó materno; concretamente seu pai foi de Fortesende-Arteixo e a o seu avó materno da zona de Morás, será homenaxeado este venres 9 a partir das 20:30  no Auditorio de Arteixo.

 

O profesor Carlos Loureiro Rodríguez desplazarase dende a Estrada para glosar a súa figura, como preámbulo ao concerto de Roi Casal, con quen tivo un encontro no ano 2014 en Cuba e aos que os une o seu “amigo Balbino” (Xosé Neira Vilas).

 

Este insigne arteixá recibiu numerosos recoñecementos a nivel cultural: Premio do Concurso “Madre España, Madre Galicia” da Sociedade Monterroso e Antas de Ulla; “Premio de Poesía do Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal”, “Concurso As miñas raíces galegas” da Federación de Sociedades Galegas de Cuba, así como tamén o recoñecemento “Miguel de Cervantes y Saavedra” outorgado pola Federación de Sociedades Españolas de Cuba (ESEC) no ano 2014.

 

No que respecta á súa obra poética en galego, o propio autor foi elaborando edicións persoais que están espalladas polo mundo cultural habaneiro así como tamén en Galiza (Eu teño dúas patrias/ O canto da nosa Terra/Con todos e para o ben de todos…). Poemarios que arestora imos achar escolmados na obra Versos de amor, loita…e compromiso. Ademais tamén ten editado un C D con música da súa autoría e con poemas galegos.

 

Don Manuel é un dos meirandes activistas culturais na Habana, onde imparte cursos de lingua e cultura galega e do noso folclore. Con máis de setenta anos está a promover o galeguismo alén o Atlántico, sendo unha importante testemuña no seu outro país.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress